Thor Agena Vibration Experiment

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «TAVE»)

Thor Agena Vibration Experiment ou TEVA foi un conxunto de instrumentos acaroado á etapa superior do foguete Thor Agena B que lanzou o satélite Alouette 1.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

TAVE foi deseñado para medir as vibracións de baixa frecuencia do foguete durante o lanzamento e medir o seu rendemento. Os datos permitiron verificar as predicións do fabricante, Lockheed Martin, sobre o comportamento do foguete, o que serviu para o deseño de futuros foguetes.[1][2]

TAVE tiña unha masa de 790 kg e foi deseñado, construído e probado en só vinte días. Funcionou alimentado por baterías e quedou nunha órbita de 995 km de perixeo e 1021 km de apoxeo.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gunter Dirk Krebs (2022). Gunter's Space Page, ed. "TAVE" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2011). "TAVE" (en inglés). Consultado o 29 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]