Tú no eres especial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tú no eres especial
XéneroComedia,Fantasía
Creado porEstíbaliz Burgaleta
Escrito porEstíbaliz Burgaleta
Alberto Grondona
Sergio Granda
Dirixido porInma Torrente
Laura M. Campos
IntérpretesDèlia Brufau
Óskar de la Fuente
Ainara Pérez
Jaime Wang
Elia Galera
Jordi Aguilar
Miriam Cabeza
Gabriel Guevara
País de orixeEspaña
Lingua(s)es
Temporadas1
Episodios6
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Puy Oria
Montxo Armendáriz
Distribuidor[Netflix
Emisión orixinal
Primeiro episodio2 de setembro de 2022
Na rede
IMDB: tt13697652 Filmaffinity: 876827 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Tú no eres especial é unha serie de televisión española de comedia e fantasía creada por Estíbaliz Burgaleta para Netflix. Protagonizada por Dèlia Brufau e producida por Oria Films, estreouse na plataforma o 2 de setembro de 2022.

Sinopse[editar | editar a fonte]

Amaia (Dèlia Brufau) é unha moza que ten que mudarse de Barcelona á vila da súa nai, a localidade ficticia de Salabarria. A súa vida dá un xiro importante cando se decata que probabelmente herdase os poderes da súa avoa, coñecida por ser a única bruxa da historia do lugar.

Repartición[editar | editar a fonte]

  • Dèlia Brufau como Amaia
  • Óskar de la Fuente como Javi
  • Ainara Pérez como Lucía
  • Jaime Wang como Zhao
  • Elia Galera como Laura
  • Jordi Aguilar como Íñigo
  • Miriam Cabeza como Itziar
  • Gabriel Guevara como Asier
  • Míriam Rubio como Zuriñe "Zuri"
  • Víctor Pérez como Fran Chivite
  • María Mercado como Irene
  • Hilary Yanela como Ona
  • Unai Arana como Jokin

Produción[editar | editar a fonte]

O 21 de decembro de 2020 Netflix anunciou que estaba a preparar unha nova serie española de comedia adolescente, Tú no eres especial.[1] A serie foi creada por Estíbaliz Burgaleta, coñecida polo seu traballo como coordinadora de guión en Skam España, e producida por Oria Films.[2] A rodaxe da serie, que comezou en xullo de 2021, desenvolveuse integramente en Navarra, particularmente nas vilas de Lekunberri e Leitza, así como nos seus arredores.[3]

O 26 de xullo de 2022, Netflix anunciou que Tú no eres especial se estrearía na plataforma o 2 de setembro de 2022.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Netflix anuncia 'Tú no eres especial', su nueva serie española con un fichaje de 'Skam'". elDiario.es (en castelán). 21 de decembro de 2020. Consultado o 9 de maio de 2023. 
  2. Rodera, Alejandro (21 de decembro de 2020). "Netflix prepara 'Tú no eres especial', una comedia original grabada en Navarra". Fórmula TV (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2023. 
  3. Palenzuela, Fernando S. (8 de xullo de 2021). "'Tú no eres especial', la serie de Netflix creada por la guionista de 'Skam España', comienza su rodaje". Fórmula TV (en castelán). Consultado o 9 de maio de 2023. 
  4. "Tráiler de ‘Tú no eres especial’, la nueva serie adolescente española de Netflix". Cineconñ (en castelán). 24 de agosto de 2022. Consultado o 9 de maio de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]