Sääminginsalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sääminginsalo
Sääminginsalo saar
Sääminginsalo en Finlandia
Sääminginsalo
Sääminginsalo
Localización da illa
Mapa da illa
Situación
PaísFinlandia Finlandia
RexiónSavonia do Sur
MarLago Saimaa
Coordenadas61°59′N 29°06′L / 61.983, -29.100Coordenadas: 61°59′N 29°06′L / 61.983, -29.100
Xeografía
Superficie1.069 km²
Punto máis alto76 m.
Demografía
CapitalKerimäki
Poboación17.000 hab.
Densidade15´9 hab./km²

Díxose que 'Sääminginsalo é a verdadeira illa máis grande de Finlandia (superficie 1.069 km²). Considérase como unha illa, é a terceira illa máis grande do mundo.[1] Esta illa interior está situada na rexión de Savonia do sur, na rexión lesta de Finlandia e está rodeada polo lago Gran Saimaa (Haukivesi, Puruvesi e Pihlajavesi), e a canle artificial, Raikuun kanava, que foi construída en 1750.[2][3] O monumento máis famoso de Sääminginsalo é a Igrexa Kerimäki, a igrexa de madeira máis grande do mundo.

Tradicionalmente, Soisalo, no mesmo complexo lacustre, considerábase a illa máis grande de Finlandia, pero tecnicamente non é unha verdadeira illa porque os lagos que a rodean non están no mesmo nivel.[4] O mesmo, con todo, pode dicirse de Sääminginsalo, porque está separada do continente por unha canle artificial soamente e non se diferenza de ningún xeito de penínsulas como Xutlandia ou Peloponeso.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Tietoaika 6/2001, p. 9. Statistics Finland. A superficie total de Sääminginsalo é de 1 069 kilometros cadrados (413 millas cadradas), o que a sitúa no terceiro lugar no ranking mundial, xa que Vozrozhdeniya Island converteuse nunha península.
  2. http://www.savonlinna.fi/museo/opas/raikuu.htm Arquivado 15 de febreiro de 2005 en Wayback Machine. (en finés)
  3. http://kanaler.arnholm.nu/suomi/finland/raikuuf.html Arquivado 31 de outubro de 2007 en Wayback Machine. (en finés)
  4. Kejonen, Aimo: Kansanuskomuksia ja geologiaa, p. 229. In: Koivisto, Marjatta (ed.): Jääkaudet. Helsinki: WSOY, 2004. ISBN 951-0-29101-3.(en finés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]