Simbranquiformes
Aparencia
(Redirección desde «Synbranchiformes»)
Os Simbranquiformes (Synbranchiformes) son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Acantopterixios (Acanthopterygii). Excepto tres, que son mariñas, tódalas especies son de auga doce.
Características
[editar | editar a fonte]Son peixes de corpo angüiliforme, sen aletas pélvicas. Caracterízanse por presentar as fendeduras branquiais unidas ventralmente, para constituír unha única fendedura transversal.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en dúas subordes e tres familias:
- Suborde Mastacembeloidei
- Familia Chaudhuriidae
- Familia Mastacembelidae
- Suborde Synbranchoidei
- Familia Synbranchidae
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Simbranquiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Simbranquiformes |