Papuxa cincenta
Papuxa cincenta | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Exemplar adulto | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Sylvia curruca' (Linnaeus, 1758, Suecia) |
A Papuxa cincenta (Sylvia curruca) é unha ave da familia das Sylviidae
Morfoloxía e hábitos
[editar | editar a fonte]A Papuxa cincenta ten unha lonxitude duns 13,5 cm e pesa uns 12 gramos. É unha ave pequena, co lombo e a cabeza cor parda avermellada, sendo nas ás a cor máis intensa. O resto do corpo é branco agrisado. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en claros de bosques con presenza de matogueiras, xardíns e parques. Aliméntase de insectos e bagas
Reprodución
[editar | editar a fonte]A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 6 ovos. O tempo de incubación é de 12 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño. Niño construído en matogueiras de baixa altura.
Distribución
[editar | editar a fonte]Común en toda Europa Central e Oriental. Ocasional ou rara na Península Ibérica, Italia e sur de Francia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Sylvia curruca". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- C.D. Romay Cousido, Antonio Fontoira García, Emilio Martínez Sabarís e Atocha Ramos Martínez: 100 aves comúns do concello de O Grove e áreas veciñas. Concello do Grove. Depósito Legal:C 2423-2009
- Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons: Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Ediciones Omega. (en castelán)
- Nicolai, Singer, Wothe: Gran Guía de la Naturaleza AVES. Editorial Everest, s.a. (en castelán)