Sweetheart (crocodilo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sweetheart no Museo e Galería de Arte do Territorio do Norte.

Sweetheart foi o nome que se lle deu a un crocodilo mariño macho de 5,1 m de lonxitude que as historias populares do Territorio do Norte australiano facían responsable dunha serie de ataques a barcos en Australia na década de 1970.

Historia[editar | editar a fonte]

Sweetheart adquiriu sona por primeia vez en 1974 e foi denominado polos habitantes locais como o "campión dos pesos pesados" do billabong[1] Sweets, de onde procede o nome que o animal acabou tendo, da zona do río Finniss no Territorio do Norte, ao suroeste de Darwin.[2] Este crocodilo con frecuencia atacaba barcas con motor foraborda, botes pneumáticos, e barcos de pesca, pero non se coñece ningún caso de ataque a humanos.[3] En xullo de 1979 Sweetheart foi finalmente capturado vivo por un equipo da Comisión de Parques e Vida Silvestre do Territorio debido ao temor que causaba ás persoas, que non se sentían seguras, pero morreu mentres o transportaban cando quedou atrapado nun tronco do río.[4] A causa da súa morte foi despois atribuída a afogamento, probablemente debido á administración do relaxante muscular Flaxedil.[5]

O taxidermista Ian Archibald preparou o corpo disecado do crocodilo para facer unha xira con el[5] e finalmente quedou exposto permanentemente no Museo e Galería de Arte do Territorio do Norte.[6] A historia de Sweetheart foi interpretada con considerable licenza artística polo director de cine Greg McLean na súa película de 2007 Rogue, protagonizada por Radha Mitchell e Michael Vartan.[7] Na película as dimensións de Sweetheart aumentáronse dous metros máis, e isto valeulle ao deseñador de criaturas monstruosas e gañador dun Óscar John Cox[8] para gañar tamén o premio da AFI pola súa construción do crocodilo usado en pantalla nesta película.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. En Australia chámanse billabongs ás lagoas e pozas en meandros abandonados dos ríos.
  2. "'Sweetheart' - The Northern Territory's iconic croc". www.9news.com.au. Consultado o 2023-01-05. 
  3. "Sweetheart the crocodile celebrates 40 years of being captured". The Sydney Morning Herald (en inglés). Consultado o 2023-01-05. 
  4. Stringer, Col (1986). The Saga of Sweetheart: The frightening but true story of the Giant Rogue Crocodile who attacked over 15 boats on a N.T. River during the 1970s. Casuarina, N.T.: Adventure Publications. ISBN 0959089632. 
  5. 5,0 5,1 Terzon, Emilia (2016-08-04). "How Darwin's iconic five-metre croc Sweetheart got stuffed". ABC News (en inglés). 
  6. "Sweetheart, Museum Icon". Museum and Art Gallery of the Northern Territory. Museum and Art Gallery of the Northern Territory. Consultado o 2016-06-25. 
  7. Turney, Drew (2007-07-13). "Greg McLean for "Rogue"". Dark Horizons (en inglés). Consultado o 2023-01-05. 
  8. ""Babe" winning the Oscar® for Visual Effects" (en inglés). Consultado o 2023-01-05. 
  9. Mitchell, Jim (2017-11-10). "Dark Waters: The Making Of Rogue". FilmInk (en inglés). Consultado o 2023-01-05.