Saltar ao contido

Arka Gdynia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Suzuki Arka Gdynia»)
Arka Gdynia
Información xeral
Liga PLK
Fundación 1995
Historia Trefl Sopot
(1995–1998)
Prokom Trefl Sopot
(1998–2008)
Asseco Prokom Sopot
(2008–2009)
Asseco Prokom Gdynia
(2009–2013)
Asseco Gdynia
(2013–2018)
Arka Gdynia
(2018–presente)
Cores           Amarelo, azul
Presidente Polonia Przemysław Sęczkowski
Adestrador Polonia Przemysław Frasunkiewicz
Vestimenta Nike
Localización
Cidade Polonia Gdynia, Polonia
Pavillón Gdynia Sports Arena
Capacidade 5.500
Inauguración 22 de decembro de 2008
Campionatos
Liga 9 (2004−2012)
Copa 4 (2000−2001, 2006, 2008)
Supercopa 2 (2001, 2010)
assecogdynia.pl

O Arka Gdynia é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Gdynia. Actualmente compite na Polska Liga Koszykówki, a máxima categoría do baloncesto polaco, así como na Euroliga. Fundado como STK Trefl Sopot en 1995, na súa curta historia conseguiu converterse nun dos mellores equipos de Polonia, así como competir nas mellores competicións internacionais europeas. O club xoga os seus partido como local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, pavillón con capacidade para 4.010 espectadores.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Filip Dylewicz.

O equipo foi fundado en 1995 co nome de STK Trefl Sopot. Dende aquela o equipo cambiou de denominación e de sedes, variando entre Sopot, Gdansk e Gdynia. O mesmo ano da súa fundación ascendeu da terceira á segunda división, e na tempada seguinte ascende á primeira división polaca, é dicir, a Dominet Bank Ekstraliga.

As tres primeiras tempadas na elite foron complicadas, habendo numerosos trocos no equipo e na dirección técnica. Porén, a partir do ano 2000 chegou a época máis exitosa do club, abrindo o seu palmarés coa consecución da Copa de Polonia ese mesmo ano. Un ano despois, no 2001 chegaría o primeiro dobrete cunha nova Copa e a Supercopa de Polonia. Co adestrador Eugeniusz Kijewski chegou unha etapa de certa estabilidade. O podio na liga e unha nova Copa foron un éxito. No entanto o primeiro gran logro do club chegou na tempada 2003-04, cando acadou o seu primeiro título de Liga.

No 2003, o Prokom Trefl xogou a final da Eurochallenge. A partir daquela participou sempre na Euroliga. Na súa primeira participación na Euroliga o Prokom converteuse no primeiro equipo polaco en chegar ao top 16 (2004-05). Ese ano o equipo estaba composto por xogadores como McNaull, Zidek, Josip Vrankovic, Markovic ou Jagodnik.

Denominacións

[editar | editar a fonte]
  • STK Trefl Sopot (1995−1998)
  • Prokom Trefl Sopot (1998−2008)
  • Asseco Prokom Sopot (2008−2009)
  • Asseco Prokom Gdynia (2009−2013)
  • Asseco Gdynia (2013−2018)
  • Arka Gdynia (2018−presente)

Pavillón

[editar | editar a fonte]

Nun principio o Asseco Prokom xogaba nun pavillón situado en Sopot, mais para nos encontros da Euroliga xogaba no Hala Olivia de Gdansk. Este pavillón, inaugurado en 1972, conta cunha capacidade de 5.500 espectadores. Este pavillón foi sede do Eurobasket.

Porén, dende 2009 o Aseco Prokom xoga os seus partido coma local no Hala Sportowo-Widowiskowa Gdynia, un pavillón deportivo situado na cidade de Gdynia. Inaugurado inaugurado o 22 de decembro de 2008 ten capacidade para 4.010 espectadores, albergando os encontros como local do equipo tanto na Polska Liga Koszykówki como na Euroliga.

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Asseco Gdynia 2014−2015
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome
P 5 Lituania Galdikas, Ovidijus
B 7 Polonia Kowalczyk, Sebastian
E 8 Polonia Matczak, Filip
E 10 Polonia Zolnierewicz, Przemyslaw
A 11 Radosavljevic, Lazar
A 15 Polonia Frasunkiewicz, Przemyslaw
AP 19 Polonia Szymanski, Roman
E 22 Walton, A. J.
AP 20 Polonia Szczotka, Piotr
P 41 Polonia Parzenski, Jakub
Adestrador
  • Polonia David Dedek
Asistente(s)
  • Polonia Roman Tymanski

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 28-04-2015

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Liga de Polonia

  • Campión (9): 2004, 2005, 2006, 2007, 2008, 2009, 2010, 2011, 2012
  • Subcampión (2): 2002, 2003

Copa de Polonia

  • Campión (4): 2000, 2001, 2006, 2008
  • Subcampión (2): 2007, 2009

Supercopa de Polonia

  • Campión (2): 2001, 2010
  • Subcampión (4): 2000, 2007, 2011, 2012

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]