Suso Ínsua
Suso Ínsua | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jesús Ínsua Lago | ||
Nacemento | 1960 | ||
Lugar de nacemento | Cee | ||
Falecemento | 18 de novembro de 2010 | ||
Posición | Extremo dereito | ||
Carreira xuvenil | |||
Cee | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
–1978 | Cee | ||
1978–1983 | Compostela | 132 | (14) |
1983 | Cartagena | 2 | (0) |
1983–1984 | Logroñés | 22 | (1) |
1984–1985 | Avilés | 32 | (2) |
1985–1988 | Arousa | 58 | (9) |
1988–1989 | Arenteiro | 15 | (2) |
1989–1990 | Cee | ||
1990–1991 | Noia | ||
1991–1993 | Cee | ||
1993–1995 | Carnota | ||
1995–1999 | Cee | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jesús Ínsua Lago, máis coñecido como Suso Ínsua, nado en Cee en 1960 e finado na mesma vila o 18 de novembro de 2010, foi un futbolista galego, que xogaba como extremo dereito.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou xogando ao fútbol no equipo da súa vila natal, o Cee, e sendo xuvenil chegou a realizar unha proba co Real Madrid.[1][2] No verán de 1978 fichou polo Compostela, da Terceira división,[3] logrando o ascenso a Segunda B na súa segunda campaña. Disputou 144 partidos oficiais co club compostelán, no que militou ata marzo de 1983, momento no que fichou polo Cartagena por algo máis de 3 millóns de pesetas.[4] Disputou só catro partidos co club murciano ata final de tempada.
Para a 1983/84 asinou como novo xogador do Logroñés, que estaba adestrado polo galego Delfín Álvarez e no que coincidiu cos tamén galegos Noly, Rodolfo e Salvador. Disputou 28 encontros na súa única campaña no equipo rioxano, logrando o ascenso á Segunda División. Posteriormente militou no Avilés Industrial, no Arousa, no Arenteiro, no Noia (no que xogou xunto ao seu irmán Juanín),[5] no Carnota e na UC Cee. Está considerado como o mellor futbolista da historia do Cee.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Logo de retirarse do deporte, traballou como electricista. Casado con Margarita Sampedro,[6] tivo unha filla, e foi soterrado en Cee.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Los 40 años del Cee". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 27 de abril de 2005. p. 12.
- ↑ 2,0 2,1 "Tres jugadores del Unión Club fueron a realizar pruebas con el Real Madrid". La Voz de Galicia (en castelán) (Carballo ed.). 27 de abril de 2005. p. 12.
- ↑ "Viene dispuesto a ganar". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 23 de setembro de 1978. p. 35.
- ↑ "Confirmado el traspaso de Insita ai Cartagena". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de marzo de 1983. p. 44.
- ↑ "El delantero y ex jugador del Noia y del Carnota Suso Insua murió en su domicilio de Cee". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de novembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ "Fallece el ex jugador de la SD Suso Ínsua". El Correo Gallego (en castelán). 19 de novembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2023.
- ↑ Dolor en Cee por el fallecimiento de Suso Ínsua, ex jugador de la SD Arquivado 23 de novembro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 20/11/2010.