Súrzhik

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Surzhyk»)
Predominio de súrzhik en diferentes rexións de Ucraína. Datos do Instituto Internacional de Socioloxía de Kíiv (KIIS) para 2003. [1]

O termo súrzhik (en ruso, су́ржик) refírese ás variedades mixtas derivadas do contacto entre as linguas rusa e ucraína en varias rexións de Ucraína e os seus territorios limítrofes. Non hai necesariamente un conxunto de características comúns; algúns autores afirmaron que o termo é xeralmente aplicábel «á desobediencia ou descoñecemento das normas das variedades estándar de ruso e ucraíno».[2]

A palabra súrzhik deriva de súrozh, termo ruso antigo para a mestura de fariña de trigo e centeo, no sentido de fariña de trigo adulterada. Neste senso, converteuse nunha etiqueta colectiva pexorativa para as variedades lingüísticas non-estándar que disolven a fronteira lingüística entre os idiomas estándar ruso e ucraíno.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]