Suppón I
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século VIII |
| Morte | 25 de marzo de 824 |
| Actividade | |
| Ocupación | aristócrata |
| Outro | |
| Título | Duque de Spoleto (822–824) |
| Familia | Supónidas |
| Fillos | Adelchis I de Spoleto, Mauringo |
Suppón I (ou Suppone), finado o 5 de marzo de 824, foi un nobre franco que tiña terras no Regnum Italicum a principios do século IX.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 817, foi nomeado conde de Brescia, Parma, Piacenza, Módena e Bérgamo. Foi nomeado tamén missus dominicus, xunto co bispo de Brescia Rataldo, para Italia. En 818, foi instrumento eficaz para reprimir a rebelión de Bernaldo contra o emperador, Lois o Piadoso. En 822, tras a abdicación e morte do duque Winixiso, Suppón foi nomeado duque de Spoleto polo agradecido emperador e cedeu Brescia ao seu fillo Mauringo. A morte de Suppón foi lembrada por Einhardo e Spoleto pasou a mans de Adelardo, que morreu aos cinco meses, deixándolle o ducado a Mauringo.
Suppón probabelmente tiña unha esposa longobarda, pois o seu segundo fillo levaba o nome de Adelchis.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.