Supermarine Seal II

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Supermarine Seal II
Tipohidroavión de recoñecemento
FabricanteSupermarine
Deseñado porR.J. Mitchell
Primeiro voomaio de 1921
Unidades construídas1
VariantesSupermarine Seagull

O Supermarine Seal II foi un hidroavión británico desenvolvido Supermarine tras asegurar un pedido do Ministerio do Aire británico para un prototipo de anfibio observador de frota de tres prazas. O prototipo, que tiña que ser capaz de aterrar en portaavións da Royal Air Force (RAF), foi deseñado por R.J. Mitchell, quen incorporou as suxestións feitas despois de que o Supermarine Commercial Amphibian lograse o segundo lugar despois de ser inscrito para unha competición do Ministerio do Aire en 1920.

O Seal II era un biplano coa á baixa montada na parte superior da fuselaxe. Impulsado por un motor de pistóns refrixerado por auga Napier Lion de 450 CV, foi o primeiro hidroavión británico coa hélice posicionada diante do motor. O piloto estaba sentado cara adiante no morro cos tanques de combustible situados detrás del, e cunha segunda cabina situada detrás das ás.

O Seal II voou por primeira vez o 21 de maio de 1921 antes de ser avaliado pola RAF. Despois de ser modificado e equipado cun motor diferente, foi rebautizado como Seagull antes de ser entregado á RAF dous meses despois. En novembro de 1921, o Seal II foi un dos moitos avións vendidos ao Servizo Aéreo da Mariña Imperial Xaponesa e enviados coa Misión Sempill a Kasuimiguara.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Os hidroavións construídos por Supermarine nas súas instalacións de Woolston, Southampton, tiñan a reputación de ser navegables e sólidamente construídos. A revista Flight consideraba que eran "sempre de construción substancial, un traballo de fabricación de barco adecuado, un barco que voará máis que un avión que flotará".[1]

Deseños de hidroavións producidos por R.J. Mitchell de Supermarine, que máis tarde sería o deseñador xefe da compañía e que foi mostrando ao Ministerio do Aire británico, xunto co bo rendemento do Supermarine Commercial Amphibian, deron como resultado que Supermarine gañase un pedido por un prototipo dun observador da frota anfibio de tres asentos. O Ministerio do Aire produciu a especificación 7/20 ao redor do prototipo de avión,[2] un biplano que tiña que poder aterrar nos portaavións da Royal Air Force (RAF) o máis lentamente posible, coa máxima cantidade de control.[3]

Deseño[editar | editar a fonte]

Vista frontal do Seal

Hubert Scott-Paine, o dono Supermarine, bautizou o avión Seal II. Os historiadores supuxeron que isto ocorreu porque o Commercial Amphibian foi brevemente designado por Scott-Paine como o Seal I.[2]

Supermarine incorporou suxestións realizadas polo Ministerio do Aire despois de que o Commercial Amphibian da compañía entrase nunha competición de hidroavións en Martlesham Heath e Felixstowe en setembro de 1920.[4][5] Mitchell produciu os primeiros debuxos para o Seal II, que datan do 25 de novembro de 1920.[6]

O Seal II era un biplano de dous trazos coa á baixa montada na parte superior da fuselaxe e o motor de pistóns refrixerado por auga Napier Lion, de 450 CV, montado debaixo da sección central da á superior. Foi o primeiro hidroavión británico propulsado cunha configuración tractora (co seu motor montado coa hélice diante para que o avión sexa "tirado" polo aire). As ás estaban dobradas cara atrás. A fuselaxe, dun tipo deseñado por Linton Hope durante a primeira guerra mundial,[7] tiña unha sección transversal aproximadamente circular e construíuse con tablóns sobre unha armazón de molduras e longueiros cubertos de tea, coas superficies de planeo construídas como estruturas separadas, divididas en compartimentos estancos.[1]

A segunda cabina do Seal estaba situada detrás das ás, e o sistema retractor do tren de aterraxe era dun deseño novo para evitar a necesidade de cables.[8] O piloto, que estaba protexido na súa cabina por unha cuberta, estaba sentado no morro cos tanques de combustible detrás del.[9]

Historial operativo[editar | editar a fonte]

Ao prototipo do Seal II asignouselle o número de serie N146[10] e voou por primeira vez o 21 de maio de 1921. Foi oficialmente entregado á RAF o 2 de xuño dese ano, voando o avión ata a illa de Grain para avalialo.[11][6] Tras as probas, en xeral satisfactorias, a RAF recomendou que se realizasen distintas modificacións entre as que se incluían mover os tanques de combustible dende interior do casco ata a á superior, e incrementar o tamaño do temón e a deriva.[12] O avión foi remotorizado cun Napier Lion II de 480 CV.[13]

Mitchell fixo máis modificacións no Seal II despois de que o Ministerio do Aire encargara dous prototipos (de especificación 21/21) a principios de 1922. Alongou o casco 0,61 m, modificou as superficies da cola, e modificou a forma das ás para corrixir o equilibrio da aeronave.[12] Os prototipos foron designados N185 e N159,[12] e renomeados Seagull o 4 de xullo de 1921 antes de ser ebtregados á RAF.[14] Un Seagull foi exhibida no concurso aéreo anual da RAF en Hendon en xuño de 1922.[15][16] Unha variante do Seal, o Fleet Spotting Gunnery Amphibian, foi deseñado por Mitchell, pero non construído.[2]

Tanto un Seal II como un Seagull foron vendidos ao Servizo Aéreo da Mariña Imperial do Xapón cando adquiriu avións despois dunha misión de investigación en Gran Bretaña. Os avións foron enviados coa Misión Sempill liderada polos británicos, chegando a Kasuimiguara, a 64 km ao nordeste de Toquio, en novembro de 1921.[17][18] Adquiríronse "con vistas a experimentar con el nas condicións reais de servizo".[19]

Especificacións[editar | editar a fonte]

Esquema xeral do Seal

Datos de Supermarine Aircraft since 1914[20]

Características xerais[editar | editar a fonte]

  • Tripulación: 3
  • Lonxitude: 10,01 m
  • Envergadura: 14,02 m
  • Altura: 4,52 m
  • Superficie alar: 58 m2
  • Peso baleiro: 1 860 kg
  • Peso bruto: 2 540 kg
  • Motor: 1 motor de pistóns Napier Lion W-12 refrixerado por auga de 450 CV
  • Hélice: hélice impulsora de paso fixo de madeira de 4 pas

Rendemento[editar | editar a fonte]

  • MVelocidade máxima: 180 km/h
  • Autonomía: 4 horas
  • Tempo a altitude: 3 048 m en 17 minutos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "The Supermarine "Seal" Mark II: An Interesting Deck-landing Amphibian Flet-Spotter". Flight. Londres: Royal Aero Club. 3 de novembro de 1921. pp. 713-715
  2. 2,0 2,1 2,2 Pegram 2016, p. 32
  3. Andrews & Morgan 1981, p. 69
  4. Catalogue description. Type: Supermarine Amphibian (G-EAVE). Location: Bookham. Report No: C35. 1920 Oct. 
  5. Pegram 2016, p. 30
  6. 6,0 6,1 Andrews & Morgan 1981, p. 68
  7. Andrews & Morgan 1981, pp. 69-70, 81
  8. Pegram 2016, p. 31
  9. Andrews & Morgan 1981, p. 70
  10. Andrews & Morgan 1981, p. 356
  11. Pegram 2016, pp. 32, 42
  12. 12,0 12,1 12,2 Pegram 2016, p. 42
  13. Andrews & Morgan 1981, p. 72
  14. Andrews & Morgan 1981, p. 71
  15. Thetford 1994, p. 292
  16. Reed Business Information Ltd (1922-06-22). Flight International Magazine 1922-06-22 (en english). 
  17. Peattie 2007, p. 19
  18. Andrews & Morgan 1981, pp. 71, 355-356
  19. Reed Business Information Ltd (1924-04-10). Flight International Magazine 1924-04-10 (en english). 
  20. Andrews & Morgan 1981, p. 81

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pegram, Ralph (2016). Beyond the Spitfire: The Unseen Designs of R.J. Mitchell. Pegram: The History Press. ISBN 978-0-7509-6515-6.