Sunrise Communications AG é unha empresa de telecomunicacións de telefonía móbil e fixa de Suíza.
É a segunda compañía máis grande da Confederación, con preto de tres millóns de clientes e a súa sede está en Zürich. A compañía é propiedade da CVC Capital Partners a cal a adquirira a compañía danesa TDC, en outubro do ano 2010.
Coa marca "Yallo" vende unha serie de servizos de comunicación móbiles esenciais (chamadas, SMS).
A empresa naceu o 23 de xaneiro de 2001, trala incorporación da Sunrise e diAx na TDC Switzerland AG.
Desde o catro de outubro do ano 2007, cambiou o seu nome ao da actual de Sunrise Communications AG. Na actualidade,[cando?] a compañía pode ofrecer a máis dos seus dous millóns de clientes de telefonía móbil unha rede híbrida baseada na tecnoloxía GSM, EDGE, UMTS, e HSDPA+ que cobre o 99% do territorio helvético e permite unhas velocidades de transmisión de ata 43,2 Mbps como tamén unha rede LTE que cobre o 22% da poboación e que segue en expansión.
Desde o ano 2010, Sunrise abandonou a sede xeral do norte de Zürich, mantenendo a súa sede legal no centro da cidade e outras sedes centrais en Berna, Bienne, Lousane e Manno.