Sugar Babydoll

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sugar Babydoll
OrixePortland, Oregon, Flag of the United States.svg
Período1981, 1984
Xénero(s)rock alternativo
MembrosCourtney Love
Kat Bjelland
Jennifer Finch
Ursula Wehr
Robin Barbur

Sugar Babydoll foi un proxcto musical estadounidense inicialmente creado por Courtnie Love en Portland, Oregon no ano 1991. A banda, que nas súas últimas etapas incluíu á guitarrista e vocalista Kat Bjelland e á baixista Jennifer Finch, foi precursora de Pagan Babies, formada por Love e Bjelland en San Francisco en 1984. Nun capítulo da serie de VH1 Behind the Music dedicado a Love, tanto ela como Bjelland destacaron que o grupo, nos seus primeiros tempos, era máis para "facerse fotos" e pasar o rato que para tocar música.

Historia[editar | editar a fonte]

A Courtney Love xurdíralle o nome e a idea de formar un grupo a comezos dos 80 cando era unha adolescente en Portland. Creou a banda cos seus amigos Ursula Wehr e Robin Barbur en 1981, cando Love tiña 17 anos, pero abortou o proxecto e mudouse a San Francisco en 1982 onde foi brevemente vocalista de Faith No More. Cando regresou a Portland en 1983, Love coñeceu a Kat Bjelland no club nocturno Satyricon. Tanto Love como Bjelland eran clientas habituais do club de rock, coñecido nos anos 80 como un centro de actvidade de bandas e músicos de punk rock. Bjelland era de preto de Woodburn, Oregon, mentres que Love vivira en varias cidades do estado, entre elas Marcola, Salem, Eugene e Portland.

Segundo Bjelland, despois de que as dúas se coñecesen, Love, que estaba buscando formar un grupo de rock de só rapazas, "axeonllouse" e pediulle "por favor, por favor, se a miña guitarrista". Bjelland aceptou e Love entón recrutou a Jennifer Finch, unha amiga que coñecera en California, como baixista da banda.

Pouco se sabe sobre en que acabaron os proxectos musicais da banda; aínda que unha cinta demos feita pola seguinte banda de Love e Bjelland, Pagan Babies, non existe ningunha información sobre gravacións ou sobre a historia de Sugar Babydoll. Do que si se sabe, porén, é da rupura do grupo. Tanto Love como Bjelland estaban experimentando con drogas nesa época e abusando de medicamentos como o valium. Segundo Jennifer Finch a adicións ás drogas de Love comezou a interferir co proceso creativo da banda.

Durante os anos seguintes a banda moveuse entre Oregon e California, antes de que fose abndonado por completo. Cara 1985 o grupo estaba oficialmente disolto. Love regresou a San Francisco, desta vez con Bjelland, onde formaron Pagan Babies, que tamén tivo unha curta vida.

A pesar da falta de éxito do grupo, as tres mulleres embarcáronse posteriormente en proxectos máis grandes: Love acabaría formando Hole en 1989, mentres que Bjelland formaría Babes in Toyland en 1987. Love mudouse brevemente a Minneapolis, onde Bjelland formara Babes in Toyland, e tocou o baixo na banda durante varias semanas antes de ser expulsada e substituída por Michelle Leon. Jennifer Finch pola súa banda pasaría a tocar na banda feminina de punk rock L7 durante os seus primeiros seis anos, ademais de toca en Betty Blowtorch.