Saltar ao contido

Sturmgeschütz III

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sturmgeschütz III
Tipocanón de asalto
OrixeAlemaña
GuerrasSegunda guerra mundial, guerra dos Seis Días
FabricanteDaimler-Benz, Alkett e MIAG
Construídos9.408 StuG III
1.211 StuH 42
Peso23.9 toneladas
Lonxitude6.85 metros
Anchura2.95 metros
Altura2.16 metros
editar datos en Wikidata ]

O Sturmgeschütz III (StuG III) foi un canón de asalto alemán, e o vehículo blindado dese país máis producido durante a segunda guerra mundial. Foi construído sobre o chasis do Panzer III, e inicialmente ideouse como un canón lixeiro móbil de apoio á infantaría, aínda que sería continuamente modificado e principalmente sería empregado como cazacarros.