Story Musgrave
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1935 (89 anos) Boston, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Syracuse Columbia University Vagelos College of Physicians and Surgeons (en) Marietta College (en) Dexter School (en) St. Mark's School (en) Universidade de Kentucky Universidade de California, Os Ánxeles University of Houston–Clear Lake (en) |
Actividade | |
Ocupación | astronauta |
Empregador | NASA, astronauta |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rama militar | Corpo de Marines dos Estados Unidos |
Tempo no espazo | 53 días, 9 horas e 55 minutos |
Misión do astronauta | |
Familia | |
Nai | Marguerite Swann |
Premios | |
|
Franklin Story Musgrave, nado en Boston, Massachusetts, o 19 de agosto de 1935, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Musgrave graduouse en matemáticas e estatística pola Universidade de Siracusa en 1958 e é máster en análise de operacións e programación pola Universidade de California nos Ánxeles en 1959. Ten un grao en química pola facultade Marietta en 1960, un doutoramento en medicina pola Universidade de Columbia en 1964 e é máster en fisioloxía e biofísica pola Universidade de Kentucky en 1966, cun máster tamén en literatura pola Universidade de Houston en 1987.[1][2]
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en agosto de 1967, participando nas misións STS-6, STS-51-F, STS-33, STS-44, STS-61 e STS-80 e pasando un total de 53,41 días no espazo.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Musgrave, Franklin Story" (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 1997). "STORY MUSGRAVE (M.D.) NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 24 de setembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Story Musgrave |