Steven Avery

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Steven Avery
Nome completoSteven Allan Avery
Nacemento9 de xullo de 1962
 Condado de Manitowoc
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncazador
editar datos en Wikidata ]

Steven Allan Avery, nado en Wisconsin o 9 de xullo de 1962, é un home estadounidense que foi condenado erroneamente por agresión sexual en 1985 pola polícia do Condado de Manitowoc, pasando 18 anos en prisión ata a súa liberación o 11 de setembro do 2003, cando se atopou ao verdadeiro autor do crime grazas a probas de ADN[1]. Posteriormente, Avery foi detido no 2005 en relación coa desaparición e asasinato da fotógrafa Teresa Halbach, sendo condenado en 2007 a cadea perpetua sen posibilidade de liberdade consicional.

O caso de Avery gozou de gran transcendencia a nivel nacional e internacional pola súa defensa de declararse inocente, asegurando que a policía de Manitowoc fabricou probas falsas para incriminalo. En relación ao caso, Netflix creou unha serie orixinal titulada Making a Murder (facendo a un asasino), gañadora de catro Emmys[2].

Biografía[editar | editar a fonte]

Steven Avery naceu no Condado de Manitowoc, en Wisconsin (EUA), fillo de Dolores e Allan e irmán de Chuck, Earl e Barbara. Estudiou en varias escolas do condado de Manitowoc e ao rematar o instituto comezou a traballar no despedazamento de automóbiles da familia Avery.

En 1985, Steven Avery foi condenado por agresión sexual e intento de homicidio de Penny Beerntsen. Avery mantivo a súa inocencia en todo momento. En 2002 o Wisconsin Innocence Project, unha asociación adicada á defensa de persoas condenadas erroneamente, tomou o seu caso. En 2003, probas de ADN probaron que o agresor de Beerntsen non foi Avery, senón Gregory Allen, quen se atopaba naquel momento cumprindo condena por outro crime[3]. Deste xeito, Avery foi posto en liberdade o 11 de setembro dese ano. Como consecuencia da condena errónea, o lexislador Mark Gundrum propuxo unha lei (inicialmente chamada Lei Avery) que tiña como obxectivo evitar errores como aquel no futuro. A lei foi aprobada o 31 de outubro de 2005[4].

Tras a súa posta en liberdade, Avery iniciou unha demanda por $36 millóns contra Denis Vogel (fiscal do distrito) e Thomas Kocourek (sheriff do Condado de Manitowoc cando Avery foi detido)

Asasinato de Halbach[editar | editar a fonte]

RAV4 de 5 portas, semellante ao de Teresa Halbach.

O 31 de outubro de 2005 a fotógrafa Teresa Halbach tiña planeada unha reunión con Steven Avery no despedazamento familiar, para fotografar a minivan da súa irmá e poñela á venda na revista Autotrader Magazine. Ese mesmo día, Halbach desapareceu sen deixar rastro. A desabarición de Halbach foi notificada ás autoridades do condado de Manitowoc o 3 de novembro, e o seu vehículo (unha Toyota RAV4 de cor verde) foi atopado no despedazamento dos Avery o día 5. Posteriormente, o 8 de novembro foron atopados restos óseos en estado carbonizado cerca da residencia de Steven Avery, polo que este foi detido[5].

Dende o comezo das investigacións policiais, Avery defendeu a súa inocencia alegando que as autoridades plantaron na súa propiedade probas falsas para incriminalo, como consecuencia da demanda imposta en relación coa súa condena errónea de 1985. Para evitar un conflito de intereses, o fiscal do distrito Mark R. Rohrer designou ás autoridades do veciño Condado de Calumet como as responsables da investigación. Porén, as autoridades do condado de Manitowoc continuaron implicadas no caso durante a inspección da vivenda de Avery e do negocio familiar. O fiscal de distrito Ken Kratz foi designado como fiscal especial no caso, e o xuíz Patrick Willis foi o encargado de presidir o xuízo.

O 2 de marzo de 2006 Brendan Dassey, o sobriño de Steven Avery, foi detido en relación co caso e acusado de homicidio intencional en primeiro grado, mutilación de cadáver e agresión sexual, tras realizar unha confesión gravada aos investigadores Mark Wiegert e Tom Fassbender o acontecido tras a desaparición de Teresa o día 31 de outubro de 2005. Posteriormente, Dassey foi xulgado nun xuízo á parte[6]. Os seus avogados defenden que a súa confesión é falsa e estivo coercionada, polo que os seus dereitos constitucionais foron violados; piden para el a súa liberación ou a repetición dun novo xuízo no que a confesión sexa descartada como proba.

O 18 de marzo de 2007, Steven Avery foi declarado culpable do homicidio de Teresa Halbach e de posesión ilegal de armas[7]. O 1 de xuño foi sentenciado a cadea perpetua sen posibilidade de liberdade condicional. Tras ser inicialmente arrestado na Wisconsin Secure Program Facility en Boscobel, en 2012 foi realoxado na Waupun Correctional Institution en Waupun.

Os avogados de Steven Avery durante o xuízo Jerome Buting e Dean Strang recurirron a sentenza no Tribunal de Apelacións do Estado de Wisconsin. O 24 de agosto do 2011 o Tribunal denegou dita apelación[8][9].

O 11 de xaneiro de 2016, Steven Avery presentou dous novos recursos xudiciais, alegando violancións dos seus dereitos[10][11].

Na cultura popular[editar | editar a fonte]

O 26 de marzo de 2013, o programa radiofónico Radiolab emitiu un episodio titulado "Estás seguro?", no que presentaba un segmento titulado dúbida razoable. Neste segmento, exploraba a historia de Steven Avery dende a perspectiva de Penny Beernsten.

Manifestantes no xulgado de Manitowoc amosan o seu apoio a Steven Avery.

O 18 de decembro de 2015, Netflix produciu Fabricando un asasino, unha serie documental na que se narra a historia de Avery. No documental, examinanse as alegacións da policía e a mala praxis do fiscal, Ken Kratz, así como a posible corrupción de probas e a coerción de testemuñas. A publicación do documental deu a coñecer a Avery en todo o mundo, sendo obxecto tanto de críticas como de apoios.

A condena de Steven Avery polo asasinato de Teresa Halbach foi obxecto da publicación de diversos libros, entre eles:

  • WRECKING CREW: Demolishing The Case Against Steven Avery, de John Ferak
  • Indefensible: The Missing Truth about Steven Avery, Teresa Halbach, and Making a Murderer, de Michael Griesbach
  • Avery: The Case Against Steven Avery and What Making a Murderer Gets Wrong, de Ken Kratz
  • Un-Making a Murderer: The Framing of Steven Avery and Brendan Dassey, de Shaun Attwood
  • THE MAKING OF A MURDERER?: The REAL Steven Avery Story, de Roger Harrington
  • Rush To Judgment: The Unfiltered Story Of Steven Avery, de Jessica McBride
  • Steven Avery - Missing Evidence: The Examination of The Making a Murderer Documentary, de Tony Castella

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lesley Messer (01-06-2016). "5 Things to Know About Steven Avery From 'Making a Murderer'". Consultado o 27-02-2019. 
  2. Television Academy. "Making a Murderer Awards & nominations". Consultado o 27-02-2019. 
  3. William S. Sessions (21-09-2003). "DNA Tests Can Free the Innocent. How Can We Ignore That?". New York Times. Consultado o 27-02-2019. 
  4. "Assembly Bill 648" (PDF). State of Wisconsin Senate Journal: 12. 2005. Consultado o 27 de febreiro de 2019. 
  5. Monica Davey (23-11-2005). "Freed by DNA, Now Charged in New Crime". New York Times. Consultado o 27-02-2019. 
  6. "Teen sticks to story in interview from Manitowoc jail". GM Today. 30-04-2007. Arquivado dende o orixinal o 11-08-2018. Consultado o 27-02-2019. 
  7. Tom Kertscher (19-03-2007). "Avery found guilty of killing woman". Wisconsin Journal Sentinel. Consultado o 27-02-2019. 
  8. "Steven Avery's appeal denied". WEAU 13 News. 24-10-2011. Arquivado dende o orixinal o 28-02-2019. Consultado o 27-02-2019. 
  9. "State v. Avery, 2011 WI App 124". 24-10-2011. Consultado o 27-02-2019. 
  10. Emanuella Grinberg (13-01-2016). "Steven Avery, subject of 'Making a Murderer' documentary, files appeals". CNN. Consultado o 27-02-2019. 
  11. "Steven Avery motions filed 1/11/2016". 11-01-2016. Consultado o 27-02-2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]