Steve West
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1966 (57 anos) Charlottesville, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Educación | Virginia Commonwealth University (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Período de actividade | 1993 - |
Instrumento | Batería |
Steve West, nado o 8 de decembro de 1966,[1] é un músico estadounidense coñecido principalmente por ser o batería da banda de indie rock Pavement. Dende a disolución de Pavement converteuse nun activo artista no condado de Rockbridge, Virxinia.[2] É o protagonista de "Westie Can Drum", unha cara b publicada no sinxelo de Pavement "Stereo".[3]
Biografía
[editar | editar a fonte]Nado en Richmond, Virxinia, West coincidiu no instituto co seu futuro compañeiro en Pavement Bob Nastanovich; os dous coñecéronse cando West tiña catorce anos.[4] Despois foi alumno da Virginia Commonwealth University, onde estudou arte, antes de mudarse á cidade de Nova York e traballar como garda de seguridade no Whitney Museum. Un dos seus colegas no museo era Stephen Malkmus, outro dos seus futuros compañeiros en Pavement.[1]
Carreira
[editar | editar a fonte]Pavement
[editar | editar a fonte]West foi elixido para unirse a Pavement en 1993, despois de que a banda despedise ao seu batería orixinal, Gary Young. A primeira vez que West tocou coa banda foi no seu álbum de 1994 Crooked Rain, Crooked Rain; permaneceu na banda a ta a súa disolución no ano 1999. Durante o seu tempo en Pavement West foi criticado e menospreciado frecuentemente por Malkmus por non ser o suficientemente competente a nivel técnico.[4] West foi descrito como un batería "infinitamente máis competente" que Young,[5] aínda que o propio Young non comparte esa opinión.[6]
Marble Valley
[editar | editar a fonte]Mentres estaba e Pavement West iniciou un proxecto en solitario, Marble Valley. Marble Valley publicou o seu álbum de estrea en 1997. En 2010, Marc Hawthorne de SF Weekly describiu á banda como "...un paxaro estraño, xogando co pop, o postpunk, a psicodelia, o rap, e calquera outra cousa que poida poñer ao servizo de cancións que poden ir de raras a máis raras".[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Marble Valley | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ Allen, Mike. "Pavement drummer, Steve Keene show work at Roanoke College". The Daily Progress (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ Patterson, Troy (2010-03-19). "Pavement's Quarantine the Past reviewed.". Slate Magazine (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ 4,0 4,1 Jovanovic, Rob. (2004). Perfect sound forever : the story of Pavement. Boston: Justin, Charles. ISBN 9781932112078. OCLC 54691959.
- ↑ DeGroot, Joey (2014-04-16). "6 Great Bands with Unconventional Drumming: Pavement, the Velvet Underground, and more". Music Times (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ "Straight Outta Stockton: Life Lessons from Pavement's Gary Young". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-10-10.
- ↑ Hawthorne, Marc. "Pavement's Promise". SF Weekly (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2020. Consultado o 2020-10-10.