Stephen Carpenter
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Stephen Carpenter | |
---|---|
![]() | |
Data nacemento | 3 de agosto de 1970 (53 anos) |
Nado en | Sacramento (California) ![]() |
Ocupación | guitarrista e músico |
Instrumento(s) | guitarra, batería |
Relacionado con | Deftones, Sol Invicto, Kush |
Tempo en activo | 1989 - actualidade |
Na rede | |
https://www.deftones.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Stephen Carpenter, nado en Sacramento (California) o 3 de agosto de 1970, é un músico estadounidense, coñecido por ser o cofundador e guitarrista solista da banda de metal alternativo Deftones.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Carpenter comezou a súa carreira musical con Deftones tocando a guitarra de 6 cordas tradicional. Tras recoller influencias de bandas como Fear Factory e Meshuggah comezou a tocar a guitarra de 7 cordas a finais dos anos 90. Tras o terceiro álbum de Deftones, White Pony, as edicións posteriores serían compostas con 7 cordas; ata os álbums de 2010 Diamond Eyes e de 2012 Koi No Yokan, compostos cunha guitarra de 8 cordas.