Stay (filme de 2005)
| Stay | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
|
Xénero
| |||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||
|
Cor
| |||||||||
| Autoría | |||||||||
|
Director/a
| |||||||||
|
Guionista
| |||||||||
|
Director/a fotografía
| |||||||||
|
Editor/a de cine
| |||||||||
| Temática | |||||||||
|
Ambientado en
| |||||||||
| Publicación | |||||||||
|
Produtor/a
| |||||||||
|
Compañía produtora
| |||||||||
|
Distribuidor/a
| |||||||||
|
Formato de distribución
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata | |||||||||
Stay é un filme estadounidense de 2005 dirixido por Marc Forster e escrito por David Benioff. Está protagonizado por Ewan McGregor, Naomi Watts, Ryan Gosling e Bob Hoskins, cunha produción de Regency e distrubución de 20th Century Fox. O filme representa intensas relacións centradas na realidade, o amor, a morte, o suicidio e o Alén.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Henry (Ryan Gosling) é un mozo atípico, que lle di ao seu psiquiatra, Sam Foster (Ewan McGregor), que se vai suicidar. O psiquiatra, desesperado, tenta impedir que o faga, atopándose cada vez máis atrapado na vida de Henry, e máis tarde no labirinto do seu subconsciente. Ao principio, simplemente tensa e altera a relación de Sam coa súa noiva Lila (Naomi Watts), unha pintora e antiga paciente, pero axiña a comprensión firmemente arraigada de Sam do mundo racional comeza a esvaecerse. Sometido a encontros cada vez máis surrealistas e a unha cidade que se transforma nunha paisaxe tremendamente cambiante, Sam xa non pode distinguir o que é realidade do que só pasa na súa cabeza, nin onde comeza e onde remata Henry.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Ewan McGregor como Dr. Sam Foster
- Naomi Watts como Lila Culpepper
- Ryan Gosling como Henry Letham
- Bob Hoskins como Dr. Leon Patterson
- Janeane Garofalo como Dr. Beth Levy
- Elizabeth Reaser como Athena
- B.D. Wong como Dr. Bradley Ren
- Kate Burton como Maureen Letham
- Amy Sedaris como Toni
- Isaach de Bankolé como o profesor
- Michael Gaston como Sheriff Kennelly
- Mark Margolis como dono da tenda de libros
- Michael Devine como garda de seguridade
- Riley G Matthews Jr como oficial #1
- Vito Violante como oficial #2