Standard de Liège
| ||||
---|---|---|---|---|
Club fundado en | 1898 | |||
Alcume | Les Rouches (os vermellos) | |||
Cores | vermello e branco | |||
Estadio | Estadio Maurice Dufrasne (30.023 asentos) | |||
Sede | Rue de la Centrale 2 4200 Liexa | |||
Na casa
|
Fóra
|
O Royal Standard de Liège é o principal club de fútbol da cidade belga de Liexa. É o terceiro club da Eerste klasse por número de vitorias na liga e na Copa.
O club
[editar | editar a fonte]Os partidos deste histórico club belga desenvólvense no estadio Maurice Dufrasne en Sclessin, unha viliña nos arrabaldes de Liexa nas ribeiras do Meuse, preto dunhas importantes industrias metalúrxicas. Ao estadio adóitanlle chamar "o inferno de Sclessin" posto que os seareiros teñen sona de bravos e fervorosos.
O Standard é un dos clubs máis populares de Bélxica e o terceiro de todos eles polo seu palmarés. Foi finalista da Recopa en 1982. Chamánlles os "rouches", que vén sendo 'vermello' en valón, a variante do francés falada en Bélxica. Os principais grupos de seareiros son os 'Hell-Side 81', os 'Ultras Inferno 96', os 'Kop Rouche' e os 'PHK'.
Historia
[editar | editar a fonte]O Standard fundárono uns estudantes do colexio Saint-Servais de Liexa en 1900, aínda que a data oficial de creación é de 1898, debido a un erro administrativo. O nome colléronllo ao Standard de Paris, un club parisiense moi popular naquel tempo.
O seu maior éxito en competicións europeas foi o subcampionato da Recopa de Europa de 1982, cando perderon na final contra o FC Barcelona, xogada precisamente na cidade condal, por 2-1. Algúns días antes desta final, os do Standard tiñan que enfrontarse ao Thor Waterschei no último partido da tempada da liga belga. Para amarrar a vitoria, asegurar o campionato de Liga e mirar de non ter lesionados de última hora que lles fallasen na final europea, falaron cos do equipo contrario para que levantasen o pé e non xogasen moi intensamente. Este escándalo, descuberto dous anos máis tarde (1984) implicou diversos xogadores do equipo e mais o adestrador Raymond Goethals, que houbo de emigrar a Portugal para que non o suspendesen.
Dende aquela, o Standard non volveu gañar un título de liga no seu país, pero segue mantendo un altísimo nivel de popularidade. De feito, e malia ser un club valón, ten moitos seareiros en Flandres, o que non é en absoluto frecuente.
En 1996, o club absorbeu o pequeno RFC Seraing.
Na tempada 2005-2006, o Standard quedou segundo no campionato belga e clasificouse por vez primeira na súa historia para disputar a Liga de Campións, onde quedou fóra na primeira eliminatoria fronte ao Steaua de Bucarest. Entrou no bombo da Copa da UEFA e tocoulle en sorte enfrontarse ao Celta de Vigo. Onde tamén quedaría eliminado tras perder na ida en Bélxica, por 0-1, e por 3-0 en Balaídos.
Na actualidade o seu presidente é Reto Stiffler e o seu adestrador Michel Preud'homme e xoga na primeira división belga.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Ligas (10) : 1958, 1961, 1963, 1969, 1970, 1971, 1982, 1983, 2008 e 2009
- Copas de Bélxica (6) :
- Supercopa de Bélxica (4) : 1981, 1983, 2008 e 2009
- Recopa de Europa : Finalista en 1982.