Srđan Bajčetić
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 7 de novembro de 1971 (53 anos) Zrenjanin, Serbia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fillos | Stefan Bajčetić |
Srđan Bajčetić (en serbio cirílico: Cpђaн Бajчeтић) nado en Zrenjanin (na República Federal Socialista de Iugoslavia, actual Serbia) o 7 de novembro de 1971, é un exfutbolista que xogaba na demarcación de centrocampista e actual adestrador.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar no FK Vojvodina, de onde o fichou para o Celta de Vigo o adestrador Carlos Aimar que xa o tentara fichar o ano anterior para o CD Logroñés. O primeiro ano foi cedido no mercado de inverno ao Estrela Vermella de Belgrado.
Xa de volta en Vigo tivo a súa oportunidade, sendo un fixo no once inicial co adestrador Fernando Castro Santos, porén unha grave lesión rompeu a súa progresión. Unha vez recuperado e finalizado o contrato co Celta fichou polo SC Braga, onde militou solo un ano.
No ano 1998 fichou polo Estrela Vermella de Belgrado serbio, tras tres tempadas chegoulle unha oferta do fútbol chinés e fichou polo Dalian Shide e despois polo Hunan Xiangjun, durante a súa experiencia na China proclamouse campión da primeira divisón dúas veces, tamén en dúas ocasión da Copa e chegou a semifinais da Copa de Campións de Asia[1].
Foi o segundo adestrador do Rápido de Bouzas, dirixido por Xurxo Otero[2]. Na actualidade, é adestrador do Gran Peña, o equipo C do Celta de Vigo. É o pai dos xogadores Stefan Bajčetić e Jovan Bajčetić.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xulio Vázquez (5 de xuño de 2009). "«Coincidí con Eusebio en el Celta, pero yo colgué las botas en China»". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ "Bajcetic, segundo de Otero en el Rápido". Atlántico Diario (en castelán). 4 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2014. Consultado o 10 de novembro de 2014.