Spacebus 300

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O bus Spacebus 300 é un tipo de bus para satélites fabricado en Francia.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

O bus Spacebus 300 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria. Estabilízase nos tres eixos e utiliza un sistema de propulsión bipropelente con ata 1220 kg de propelente e 392 N de pulo. Para o control de actitude usa tamén volantes de inercia. Cunha masa de 1318 kg, pode levar unha carga útil de 250 kg. As súas dimensións son de 7,10 m de altura e unha envergadura cos paneis solars despregados de 19,30 m, producindo ata 3 kW de potencia. Está dispoñible desde 1987 e usouse en cinco satélites: TDF 1, TDF 2, Tele-X, TV-Sat 1 e TV-Sat 2.[1][2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2021). "Spacebus 300" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Spacebus-300" (en inglés). Consultado o 5 de setembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]