Saltar ao contido

Sozialista Abertzaleak

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sozialista Abertzaleak
 Instancia de
 Ideoloxía política
Datas
 Fundación / creación
2003 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2005 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Sozialista Abertzaleak (Socialistas Patriotas) é o nome que tomou o grupo parlamentario formado polos deputados elixidos pola candidatura de Euskal Herritarrok no Parlamento Vasco semanas antes de que o seu partido político, Batasuna, fose ilegalizado.

Cando se aplicou a lei de partidos políticos de 2002, o Tribunal Supremo de España ordenoulle ó Parlamento Vasco a disolución deste grupo, demanda apoiada polo Partido Popular e o Partido Socialista Obrero Español. A Mesa do Parlamento e o seu presidente Juan María Atutxa non o fixeron, negando que tivese atribucións para facelo, e argumentaron ademais que cumpría distinguir entre os partidos políticos e os parlamentarios que os representan. Co tempo os tribunais déronlle a razón.