Soyuz 26

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz 26
USSR stamp Soyuz-27 1978 4k.jpg
Selo postal conmemorativo das Soyuz 26 e 27
TipoTripulada
Data de lanzamento10 de decembro de 1977, 1:18 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión96,42 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Salyut 6.[2][6]
Regreso16 de xaneiro de 1978, 11:25 GMT[1][6]
NSSDC ID1977-113A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soyuz 26 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 10 de decembro de 1977 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 26, unha Soyuz modelo 7K-T cos cosmonautas Yuri Romanenko e Georgi Grechko a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Salyut 6. A diferenza da Soyuz 25, a Soyuz 26 acoplouse completamente coa estación ao usar o segundo porto dispoñible e os cosmonautas puideron pasar ao seu interior. Pasaron un total de 96 días a bordo, marcando un récord no seu momento. As súas tarefas consistiron en facer diversas probas coa estación, así como experimentos e un paseo espacial (o primeiro desde unha estación Salyut, o 20 de decembro) para inspeccionar o porto de atraque ao que a Soyuz 25 se acoplou defectuosamente, determinando que o porto da estación estaba ben e o fallo estaba na Soyuz. Durante a súa estancia tivo lugar o primeiro avituallamento en órbita: a primeira nave Progress acoplouse á estación o 22 de febreiro, levando a bordo subministracións e propelente.[2][3][4][5]

A Salyut 6 coa Soyuz 26 acoplada foi tamén a primeira estación que recibiu unha tripulación visitante, a Soyuz 27, que atracou no porto libre o 10 de xaneiro de 1978. Así, durante cinco días, a estación estivo ocupada coas dúas Soyuz e cos catro cosmonautas a bordo, que se adicaron a facer probas e experimentos nalgúns casos dirixidos a comprobar o comportamento da estrutura formada polas tres naves e a súa resposta a perturbacións e resonancias. A tripulación visitante (Oleg Makarov e Vladimir Dzhanibekov) regresou a terra na Soyuz 26, deixando a máis nova Soyuz 27 para a tripulación de longa duración. O 3 de marzo de 1978 a Salyut 6 recibiría unha nova nave tripulada, a Soyuz 28, coa primeira misión Interkosmos a bordo.[2][3][4][5]

A Soyuz 26 volveu a terra o 16 de xaneiro de 1978 ás 11:25 GMT, con Dzhanibekov e Makarov a bordo.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 2,8 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 26" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Note verbale dated 16 January 1978 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (78-01481). 24 de xaneiro de 1978: 2. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 26" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017.