Soyuz 25

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Soyuz 25
TipoTripulada
Data de lanzamento9 de outubro de 1977, 2:40 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoyuz U[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión2,03 días[6]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa estación espacial Salyut 6.[2][6]
Regreso11 de outubro de 1977, 3:25 GMT[1][6]
NSSDC ID1977-099A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soyuz 25 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 9 de outubro de 1977 mediante un foguete Soyuz U desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características[editar | editar a fonte]

Soyuz 25, unha Soyuz modelo 7K-T cos cosmonautas Kovolyonok e Ryumin a bordo, foi lanzada para acoplarse coa estación espacial Salyut 6. Tras achegarse e acoplarse en modo suave, a tripulación foi incapaz de acadar un acoplamento duro (mecanicamente consistente e sólido), sen o cal a presurización e a apertura da portela entre ambas naves era imposible. Máis tarde atopouse que a causa foi un defecto mecánico no mecanismo de acoplamento da Soyuz 25, pero chegouse a pensar que era o mecanismo de atraque da Salyut 6 o danado, co que misións posteriores tampouco poderían acoplarse.[2][3][4][5]

A Soyuz 25 tivo que volver a terra sen completar a súa misión, despois de pouco máis de 2 días en órbita, aterrando o 11 de outubro de 1977 ás 3:24 GMT.[2][3][4][5]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 25" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 25" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de marzo de 2016. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Note verbale dated 14 December 1977 from the Permanent Mission of the Union of Soviet Socialist Republics to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (77-30236). 23 de decembro de 1977: 2. Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 25" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 12, 17, 18, 21, 25 - 29, 31 - 40 (7K-T, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 25" (en inglés). Consultado o 7 de setembro de 2017.