Southgate é unha área suburbana do norte deLondres, que se encadra principalmente dentro doLondon Borough of Enfield, non obstante algunhas zonas do oeste forman parte doLondon Borough of Barnet. Sitúase a 13kmao norte de Charing Cross. O seu nome vénlle por ser a porta sur de Enfield Chase.
Salienta na zona a estación de metro deSouthgate deseñada porCharles Holden cun estilo art déco. Hai gran número de parques, entre eles,Grovelands Park. En Waterfall Road está Christ Church, un edificio de pedra cunha torre e un chapitel construído en 1862 por Gilbert Scott.