Os soritáceos (Soritacea) son un grupo de foraminíferosbentónicosmiliólidos que posúen testas porcelanosas. Poden presentar diversas formas de crecemento pero tipicamente teñen moitas cámaras. Algúns da familia dos sorítidos poden crecer ata un centrímetro, o que é un tamaño enorme para un protista. Todos os soritáceos albergan no seu corpo algasendosimbióticas, ás que seguramente se debe que poidan acadar os seus grandes tamaños. Algunhas especies teñen como simbiontes algas vermellas, outras teñen algas verdes, e outras presentan endosimbiontes dinoflaxelados, como Symbiodinium. Estes grandes foraminíferos que conteñen simbiontes atópanse normalmente en augas oligotróficas tropicais. O seu rango estratigráfico vai do Permiano superior á actualidade. Ao grupo dáselle xeralmente á categoría de superfamilia, e xunto co nome tradicional Soritacea, o grupo tamén se denomina ás veces Soritoidea, dentro da suborde Miliolina.[1][2][3]
↑Loeblich, A.R., Jr. y Tappan, H. (1987). Foraminiferal general and their clasification. Van Nostrand Reinhold Company (ed.), 2 vol., 1-970, 1-212 + 847 láminas.
↑Loeblich, A.R., Jr. y Tappan, H. (1992). Present Status of Foraminiferal Classification. Studies in Benthic Foraminifera en Benthos'90, Sendai (1990), Tokai University Press, 93-102.