Sorbeira, Candín
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de León | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 24433 | |||
Sorbeira (Surbeira no dialecto ancarés) é unha parroquia do concello leonés de Candín, na bisbarra do Bierzo. Segundo o INE en 2012 tiña 38 habitantes[1]. A poboación minguou como os demais do val. A principal actividade económica é a agricultura de subsistencia e a gandaría, aínda que o turismo está a empezar a ter auxe debido a algunhas casas rurais[2]. Os habitantes de Sorbeira falan un dialecto do galego chamado ancarés
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na praza hai dous monumentos de interese: a fonte e a Igrexa de Santo Estevo, de estilo tradicional ancarés, encóntrase en bo estado de conservación. O interior da igrexa hai un adro e un retablo singulares e moi belos. Na parte alta, na zona das eras, encóntranse unhas cantas pallozas rodeadas de castiñeiros, dende onde se pode ver boa parte do val. Sorbeira tamén conta cun muíño hidráulico antigo en bastante en bo estado e unha ponte que conecta ao centro co exterior[2].
Sorbeira é un dos lugares máis apartados do val dos Ancares, o que o converte nun dos lugares menos coñecidos. O lugar encóntrase a final dunha pendente coñecido coma A Barreira nun ámbito montañoso, onde abundan os bosques de castiñeiros.
Festas
[editar | editar a fonte]As principais festas do lugar son as do Carmen o 16 de xullo e a de Santo Estevo 26 de decembro[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Todopueblos.com". Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 "Candin.ccbierzo.net". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 21 de xullo de 2013.
- ↑ "Pueblos-espana.org". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2013. Consultado o 21 de xullo de 2013.
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |