Saltar ao contido

Sorano de Éfeso o Vello

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSorano de Éfeso o Vello
Biografía
Actividade
Ocupaciónmédico Editar o valor en Wikidata

Sorano de Éfeso o Vello (en grego antigo Σωρανός, en latín Soranus) foi un médico grego nativo da cidade de Éfeso, fillo de Menandro e Febe.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Exerceu a súa profesión inicialmente en Alexandría (Exipto) e posteriormente marchou a Roma no reinado de Traxano e Hadriano (no primeiro cuarto do século II). É mencionado por Suidas, quen di que compuxo varias obras excelentes. Segundo Fabricio, era da escola metódica e tería escrito De Coenotetis en polo menos dous libros. Algunhas obras de Sorano, non se sabe se pertencen a el ou a Sorano de Éfeso o Mozo (ver a lista de obras en Sorano de Éfeso o Mozo[1]).

  1. Smith, William (1870). "3. Soranus". En William Smith (ed.). A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology (en inglés). Londres: John Murray. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]