Sonrisas de Bombay

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Sonrisas de Bombay (en galego Sorrisos de Bombai) é unha ONG (Organización non gobernamental) que dende 2005 centra a súa acción na loita contra a pobreza, polo respecto ós Dereitos humanos e pola igualdade de oportunidades. Foi fundada polo xornalista e escritor catalán Jaume Sanllorente i Trepat despois dunha viaxe de vacacións a Mumbai. Ten sede na cidade de Barcelona e desenvolve a maioría dos seus proxectos en Bombai.

Financiamento[editar | editar a fonte]

A principal vía de financiamento son as achegas dos socios e doazóns, así como colaboracións con empresas. Dende a sede central en Barcelona traballan na sensibilización e na captación de fondos en toda España, tanto a nivel privado como público.

Equipo[editar | editar a fonte]

É un equipo formado por persoal contratado, voluntarios e estudantes en prácticas. No ano 2010 abriron unha oficina virtual en México (León-Guanajuato), co obxectivo de ampliar o radio de acción en América.

Misión[editar | editar a fonte]

Segundo a propia ONG, os seus obxectivos son:

  • Capacitar ás comunidades máis desfavorecidas de Mumbai grazas á educación e a proxectos sanitarios cos que poidan chegar a ser autosuficientes.
  • Desenvolver e poñer en funcionamento políticas e medidas integrais que aborden as distintas causas e consecuencias da pobreza.
  • Perfeccionar periodicamente e centrar os seus esforzos en comunidades de maneira que a súa repercusión poida calcularse en termos de calidade e de cantidade.
  • Mellorar os seus sistemas e procedementos para consolidar a eficiencia, a profesionalidade e a transparencia da organización.

Visión[editar | editar a fonte]

  • Chegar a conseguir que as comunidades máis desfavorecidas de Mumbai teñan acceso ós dereitos humanos básicos.
  • Converterse nunha organización autosostible

Forma de traballo[editar | editar a fonte]

Sonrisas de Bombay adoptou un método de traballo ó que lle chama “ciclo do proxecto”, que define como unha secuencia de acción para desenvolver, poñer en funcionamento e avaliar os proxectos. O obxectivo desta metodoloxía é mellorar a xestión dos proxectos, asegurando que tódolos temas relevantes e condicións se tomen en conta durante o deseño e a implementación. Ó aplicalo, o ciclo do proxecto consiste nun conxunto de conceptos de deseño e xestión, técnicas e tarefas que se empregan para apoiar a toma de decisión.

Comisión de beneficiarios[editar | editar a fonte]

Un aspecto importante do ciclo de proxecto é a formación dunha “comisión de beneficiarios” para cada proxecto. Isto ten o obxectivo de implicar na detección das necesidades, no deseño e no desenvolvemento dos proxecto, ás persoas para as que en realidade se desenvolve o proxecto. Intentan traballar para que os beneficiarios do proxecto teñan voz e unha representación para articular as súas preocupacións e poder facer unha correcta valoración das súas necesidades. Isto tamén axuda na monitorización e na avaliación do proxecto, facéndoo un proceso máis participativo. Tamén asiste ás reunión o equipo de proxectos na planificación e o deseño das intervencións de desenvolvemento. Segundo Sonrisas de Bombay, os membros de cada comisión de beneficiarios son identificados en base a dous factores:

  • A súa habilidade en comprender e articular temas.
  • Dar unha representación equitativa das mulleres, castas e grupos minoritarios.

Ámbito de acción: slums[editar | editar a fonte]

O principal foco de acción é a cidade de Mumbai (India) e a súa periferia. Traballan coas comunidades máis desfavorecidas da rexión e mediante a cooperación ó desenvolvemento intentan xerar ferramentas que promovan cambios estruturais e unha transformación social cara a autosuficiencia e a igualdade de oportunidades destas comunidades de zonas de slums (barrios de chabolas). A principal área de slums onde levan a cabo a súa actividade é Andheri Este, na que cooperan[cando?] con 905 escolas e unhas 4.700 persoas vense beneficiadas do traballo levado a cabo por 224 persoas contratadas entre mestres, axudantes, médicos, coordinadores etc.

Actividades[editar | editar a fonte]

Dende a súa creación, que comezaron con traballos centrados na educación e no desenvolvemento socioeconómico, foron evolucionando cara proxectos cada vez máis transversais e complementarios, co obxectivo de beneficiar a máis persoas (nenos, nenas, mulleres, pacientes con lepra, pacientes con cancro etc) dende diferentes perspectivas (educación, sanidade, creación de emprego, autonomía da muller etc). Actualmente[cando?] as súas actividades poden clasificarse en 6 tipos de actuacións diferentes:

  • Educación
  • Saúde
  • Desenvolvemento socioeconómico
  • Sensibilización
  • Investigación
  • En proxección

Ademais do traballo tradicional de cooperación, intentan que vaia máis alá da asistencia ós máis desfavorecidos, impulsando campañas e acción para dar a coñecer e á vez denunciar, as vulneracións dos dereitos e a exclusión que moitas persoas sofren na cidade de Mumbai.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]