Soniko-dB
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Soniko-dB | |
---|---|
Orixe | Galiza |
Período | 1998 - 2006 |
Xénero(s) | Progressive, Hard dance |
Selo(s) discográfico(s) | Mando Records(2003-2004), Tempo Music(2001-2002) |
Na rede | |
www.soniko-db.com |
Soniko-dB foi un dúo galego de disk jockeys formado por DJ Goro e DJ Christian (posteriormente coñecido como Christian Soniko).
Historia[editar | editar a fonte]
A andaina do grupo comeza en 1998 cando Goro e Christian crean o grupo D-Dilleis co que apareceran as súas primeiras producións Bota e Scream. En 2001 aparece a súa primeira produción baixo o novo nome Soniko-dB, Are you afraid?, co que se abre unha nova etapa na que Goro e Christian traballan como picadiscos residentes as noites do sábado na discoteca LP45 de Ordes e gañan popularidade por toda Galiza e o resto do estado español. O segundo vinilo en aparecer titúlase Tonos, discoteca de Boiro na que daquela Goro traballaba como residente os domingos pola tarde, do cal a canción "Blind Beat" será incluída no compilatorio Professional DJ's editado por Tempo Music.
En maio de 2002 o dúo actúa no programa Música Sí de TVE[1]. Ese mesmo mes publican a canción máis popular do grupo ao longo do tempo, GZ, que é unha versión progressive da canción popular galega A sementeira. En 2003 aparece Ultrasoniko que se converte nun éxito de vendas e aparece en diversos compilatorios. A partir desta época o grupo recibe nomeamentos a diversos premios en revistas especializadas en música electrónica. No ano 2004 publican Supersoniko, que será a derradeira produción do grupo antes da súa disolución en 2006[2].
A partir de entón Goro e Christian continuaron as súas carreiras por separado. Dende aquela o grupo reuniuse só en 2014 e no 2019 polo 30 aniversario de Dj Goro para ofrecer unha única actuación[3].
Discografía[editar | editar a fonte]
Como D-Dilleis:
- Bota (1999, sinxelo, CD)
- Scream (2000, sinxelo, CD)
Como Soniko-dB:
- Soniko-dB (2001, maxi vinilo)
- Tonos (2001, maxi vinilo)
- GZ (2002, maxi vinilo)
- Ultrasoniko (2003, maxi vinilo)
- Supersoniko (2004, maxi vinilo)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Soniko-dB en MUSICA SÍ (TVE1)
- ↑ "Biografía completa de DJ Goro". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017.
- ↑ "Soniko-dB - Fin de Año 2013". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2017. Consultado o 30 de outubro de 2017.