Son estereofónico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Símbolo de estéreo.
Equipo doméstico estéreo, con receptor de radio e reprodutores de CD e CD MP3.

Xeralmente chámase son esterofónico, ou simplemente estéreo,[1] ao gravado e reproducido en dous canais (disposición 2.0). Os discos de vinilo, os discos compactos, a maioría das estacións de radio FM, casetes e a totalidade dos canais de TV e da televisión vía satélite transmiten sinais de son estéreo. O propósito de gravar en son estereofónico é o de recrear unha maneira máis natural ao escoitalo e onde, polo menos en parte, reproducen as direccións esquerda e dereita das que provén cada fonte de son gravada.

O termo estéreo provén do grego antigo στερεός streós, que significa "sólido", "duro", "forte",[2] e —aínda que se refire exclusivamente a sistemas de dous canais— o termo pódese aplicar a calquera sistema de son que usa máis dun canal, así como o son de 5.1 canais e os sistemas de 7.1 que se usan en filmes e producións televisivas.

Aínda que o son estéreo poida ter dous canais monaurais independentes, habitualmente o sinal nun canal está relacionado co sinal do outro canal. Por exemplo, se se gravara exactamente o mesmo sinal en ambos os canais, entón escoitaríase como un son central "fantasma" cando fose reproducido en altofalantes. É dicir, o son parece provir do punto medio entre os dous altofalantes.

Clément Ader realizou a primeira emisión estereofónica en 1881, co chamado "teatrófono" para recibir a distancia son de óperas. O primeiro filme con son estereofónico foi Fantasía, de Walt Disney, usando un método ao que bautizaron como Fantasound.

A gravación en estéreo introduciuse nas empresas musicais durante o outono de 1954 para substituír a gravación monoaural de canal único.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estéreo.
  2. stereo- no Online Etymology Dictionary.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.