Solon Bixler
Solon | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Solon Bixler |
Nacemento | 4 de xaneiro, 1977 |
Orixe | Fresno, California |
Ocupación | Músico |
Xénero | Rock |
Instrumento(s) | Guitarra, cantante |
Relacionado con | Great Northern, 30 Seconds to Mars, Earlimart, All Smiles, Sea Wolf |
Tempo en activo | 2001 - |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Solon Bixler, nado en Fresno (California) o 4 de xaneiro de 1977, é un músico de rock independente. É o guitarrista fundador das bandas 30 Seconds to Mars e Earlimart. Actualmente é a voz principal e o guitarrista do grupo Great Northern.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia moi relacionada coa música, xa que os seus pais e un tío formarán parte dunha banda chamada The Wild Blue Yonder. Solon comezou a tocar a batería con catro anos. A música foi moi importante nas vidas de Solon e o seu irmán. A súa nai faleceu en 1980. Máis adiante o seu pai casaríase de novo e tería outro fillo.
En 2001 Solon uniuse a 30 Seconds to Mars como guitarrista. Deixou a banda en 2003 debido principalmente as xiras. Dende 30 Seconds to Mars tocou en numerosas formacións como All Smiles, Earlimart e Sea Wolf. Despois de moitos anos dedicándose a gravar nun catro pistas xunto a Rachel Stolte, produciuse a creación de Great Northern. Solon, que quería tocar nunha banda xuntos, pediulle a Davey Latter que se unira. Davey inicialmente tocaba o baixo pero pasouse a batería cando Ashley Dzerigian uniuse a banda.