Solenoide compacto de muóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O CMS en construción (abril de 2005)
O CMS en construción (abril de 2005).

O Solenoide compacto de muóns (en inglés, Compact Muon Solenoid, CMS) é un dos dous detectores de partículas de propósito xeral do gran colisor de hadróns (LCH) do CERN.

Para construílo teñen colaborado 2600 persoas de 180 institutos científicos de diversos países. Está situado na caverna de Cessy (Francia). Ten forma cilíndrica, de 21 metros de longo por 16 de largo, e pesa 12 500 toneladas. En 2020 a súa actividade xerara xa 1000 publicacións científicas, cada unha con ata 3000 asinantes.[1]

Xunto con ATLAS, foi un dos dous experimentos que levou a cabo o descubrimento do Bosón de Higgs.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Charley, Sarah. "Behind the scenes of the CMS experiment’s 1000th paper". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-08-22. 
  2. Charley, Sarah. "Six questions physicists ask when evaluating scientific claims". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-12-08.