Soiuz 7K-L1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 7K-L1
Descrición
Función: Misións lunares.
Tripulación: Deseñada para dous tripulantes, nunca chegou a voar con cosmonautas a bordo.[1][2]
Dimensións
Altura:: 4.88 m
Diámetro: -
Lanzamento Carga útil: -
Retorno de Carga útil: -
Masa no lanzamento: 4680 kg[2]
Volume Presurizado: 4 m3[2]
Enerxía Eléctrica
Fonte: Paneis solares[2]
Tamaño:
Enerxía Xerada: 0,8 kW[2]
Motores a bordo
Motor principal: 1 x 11D58
Propulsores:
Rendemento
Resistencia:
Apoapse:
Periapse :
Inclinación:
Lanzamento
Sitio de Lanzamento: Cosmódromo de Baikonur[2]
Rampla:
Foguete Acelerador: Proton K/D[2]

Soiuz 7K-L1 foi un modelo de nave Soiuz deseñado para misións lunares. Era unha modificación do modelo 7K-OK para facer sobrevoos lunares.[1][2]

Características[editar | editar a fonte]

A 7K-L1 foi o reemprazo da nave LK-1 de Chelomei que foi cancelada a favor da primeira. A 7K-L1 non demostrou ser segura como nave tripulada ata agosto de 1969, despois de que os estadounidenses chegaran á Lúa. Todos os lanzamentos que se fixeron foron non tripulados ata a súa cancelación en 1970.[1][2]

A nave carecía do característico módulo orbital das naves Soiuz para aforrar masa. Tamén carecía do paracaídas de reserva a favor de engadir unha porta de saída na cápsula de reentrada. A nave foi dotada dos sistemas adecuados para a navegación interplanetaria e poder chegar á Lúa. Deseñada para facer unicamente misións de sobrevoo lunar, era lanzada mediante un foguete Proton K/D baixo a denominación Zond. Dos dez intentos de lanzamento catro finalizaron en fracaso, cinco en éxito e nun caso a cápsula foi destruída nun accidente previo. Construíronse dúas unidades adicionais que non chegaron a intentar lanzarse. As naves lanzadas con éxito levaban a bordo diferentes animais (moscas, tartarugas, vermes, bacterias, sementes, plantas...) e instrumentos de medición para estudar as condicións do espazo lunar.[1][2]

A Soiuz 7K-L1 tiña unha altura total de 4,88 m e unha masa de 5680 kg. O seu motor principal 11D58 proporcionaba un pulo de 4,17 kN. Tiña un volume habitable de 4 m3 e a electricidade era producida por paneis solares que xeraban ata 0,8 kW de potencia.[1][2]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Voo[2][1] Data[2][1] Centro de lanzamento[2][1] Carga[2][1] Resultado[2][1] Notas[2][1]
1 27 de setembro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Zond 4a Fallo
2 22 de novembro de 1967 Cosmódromo de Baikonur Zond 4b Fallo
3 2 de marzo de 1968 Cosmódromo de Baikonur Zond 4 Éxito
4 22 de abril de 1968 Cosmódromo de Baikonur Zond 5a Fallo
5 - - Zond 5b Destruída nun accidente previo ao lanzamento.
6 14 de setembro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Zond 5 Éxito
7 10 de novembro de 1968 Cosmódromo de Baikonur Zond 6 Éxito
8 20 de xaneiro de 1969 Cosmódromo de Baikonur Zond 7a Fallo
9 7 de agosto de 1969 Cosmódromo de Baikonur Zond 7 Éxito
10 20 de outubro de 1970 Cosmódromo de Baikonur Zond 8 Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Zond (L1)" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2021. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 Mark Wade (2021). "Soyuz 7K-L1" (en inglés). Consultado o 13 de xuño de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]