Sofía Oriana Infante
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1989 (34/35 anos) Santiago de Compostela, España |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Ocupación | compositora |
Páxina web | sofiainfante.wixsite.com… |
Sofía Oriana Infante Souto, nada en Santiago de Compostela en 1989, é unha compositora transmoderna galega, especializada na música para o cine.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sofía Oriana Infante, comezou os seus estudos musicais aos oito anos no Conservatorio de Música de Xan Viaño, en Ferrol, onde escolleu a percusión como instrumento principal. No ano 2009 rematou o grao medio mais decide continuar estudos e marcha a Oviedo.[1] Alí estudou Composición no Conservatorio Superior de Música Eduardo Martínez Torner, onde se especializou na composición xeral e audiovisual. Asemade, iniciou os estudos de Maxisterio Musical na Universidade de Oviedo, e rematou as dúas titulacións no ano 2013. Proseguiu a súa formación cun máster de educación, tamén na Universidade de Oviedo en 2014.
En 2015 trasladouse a Londres. Na capital británica cursou un mestrado en composición para o cinema e a televisión na Universidade Kingston de Londres, cunha distinción no seu proxecto final sobre a serie documental 14 actors acting, do New York Times ese mesmo ano.[2]
Na súa formación aprendeu de expertos coma Edson Zampronha, Jorge Carrillo, Fernando Blanco, Miguel Fernández e Fernando Agüeria. Tamén tivo a oportunidade de aprender de referentes coma Krzysztof Penderecki e Nico Muhly.
A súa obra é moi diversa e variada, e vai desde o mundo audiovisual ata ó académico-contemporáneo. Precisamente a composición en variedade de disciplinas e o interese pola representación dunha realidade transmoderna son as súas liñas definidoras principais.[2]
Obras
[editar | editar a fonte]Composicións
[editar | editar a fonte]- RebuilginMi (2020)[3]
- In Memoriam (2019)[2]
- Octofonía (2019)
- Os Cervos (2018)
- Sou a Impostora (2018)
- Translúcida memoria (2018)
- Backwards Tape (2017)
- Relative Time (2017)
- Only Lights Inside (2016)
- Panta Rhei (2015)
- Se la están cepillando todos los días (2013)
- Cuarteto de corda nº 1 (2010)
- Telestai (2009)
- O cazador de libros (2008)
Bandas sonoras
[editar | editar a fonte]- Asco (2013) de Fernando G. Pliego.[2]
- Foto de Familia (2014) de Fernando G. Pliego.
- Mars (2015)
- Backwoods[4] (2016) de Liam Bellamy.
- La Pelota[5] (2017) de Fernando G. Pliego.
- Operation Freedom[6] (2018) de Kevin Ghee.
- Elisa e Marcela[7] (2019) de Isabel Coixet.
- Carne[8] (2019) de Camila Kater
- Souvenir (2019) de Cristina Vilches e Paloma Canonica.
Artigos
[editar | editar a fonte]- "Tim Burton y la didáctica musivisual", en Publicaciones didácticas (2017).[9]
Premios
[editar | editar a fonte]XII Premis Gaudí (2020): Nomeamento á mellor música orixinal.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gallego, Grupo El Correo. "Sofía Oriana Infante: En mis creaciones, me inspiro en otras manifestaciones del arte y en la sociedad" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2018. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "Asociación Galega de Compositores". www.asociaciongalegadecompositores.com. Consultado o 2018-03-10.
- ↑ "Sofia Oriana Infante Composer". composer (en castelán). Consultado o 2020-04-24.
- ↑ "Backwoods". Consultado o 2019-05-01.
- ↑ "La pelota". Consultado o 2019-05-01.
- ↑ "Operation: Freedom". Consultado o 2019-05-01.
- ↑ "Elisa y Marcela". Consultado o 2019-05-01.
- ↑ "CARNE". www.agenciafreak.com. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2019. Consultado o 2019-10-27.
- ↑ Infante Souto, Sofía Oriana (abril, 2017). "Tim Burton y la didáctica musivisual". Publicaciones didácticas: 162–186.
- ↑ "Nominades - XII Premis Gaudí". www.academiadelcinema.cat. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-24.