Softengine

From Wikipedia
Jump to navigation Jump to search
Softengine
Softengine, ESC2014 Meet & Greet 08.jpg
Softengine (2014)
OrixeSeinäjoki, Finlandia Finlandia
Período2011 - actualidade
Xénero(s)Rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Sony Music (2014–presente)
MembrosTopi Latukka
Ossi Mäkelä
Eero Keskinen
Henri Oskár
Tuomo Alarinta
Páxina webwww.softengine.fi

Softengine é unha banda de rock adolescente formada en Seinäjoki en Finlandia, que conseguiu representar a Finlandia no Festival de Eurovisión 2014[1] coa canción "Something Better"[2].

Carreira musical[edit | edit source]

2011-2013: Formación e inicios[edit | edit source]

A banda formouse na cidade finlandesa de Seinäjoki, no verán de 2011, na casa dos avós do cantante, compositor e guitarrista Topi Latukka. Chegaron ao seu cúmio no verán do 2013, despois de escribir multitude de cancións, practicando, dando concertos e tras o éxito recollido pola banda en algunhas competicións.

2013-2014: Festival da Canción de Eurovisión[edit | edit source]

O 10 de decembro de 2013, anunciouse que Softengine sería un dos participantes de Uuden Musiikin Kilpailu, a preselección finlandesa para Eurovisión. O 11 de xaneiro de 2014 presentaron a súa canción coa cal pretendían representar ao país titulada 'Something better', cousa que conseguiron o 1 de febreiro de 2014, impoñendose ao resto de competidores. Presentaron o vídeo

Softengine actuando no Festival de Eurovisión 2014

coa versión definitiva da canción o 21 de marzo de 2014[3].

Durante o sorteo das semifinais tocoulle actuar na segunda destas, na 8ª posición, acadando nesta a terceira posición cun total de 97 puntos e clasificandose así para a gran final do concurso o 10 de maio. Nesta última actuou na posición número 18, e quedou na clasificación final na posición número 11, cun total de 72 puntos. Actualmente estan traballando no seu primeiro álbum.

Discografía[edit | edit source]

Sinxelos[edit | edit source]

Ano Título Posición Álbum
FIN
2014 "Something Better" Sinxelo sen álbum

Notas[edit | edit source]

Véxase tamén[edit | edit source]

Ligazóns externas[edit | edit source]