Sofía Moscoso de Altamira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sofía Moscoso de Altamira
Sofia Moscoso.jpg
Nome completoSofia Moscoso de Altamira Taboada
Nacemento18 de xaneiro de 1818
 Ferrol
Falecemento4 de abril de 1869
 Madrid
NacionalidadeEspaña
PaiJosé María Moscoso de Altamira
editar datos en Wikidata ]

Sofia Moscoso de Altamira Taboada, nada en Ferrol o 18 de xaneiro de 1818 e finada en Madrid o 4 de abril de 1869, foi unha aristócrata galega que ostentou o título de II condesa de Fontao.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla única de José María Moscoso de Altamira Quiroga, I conde de Fontao.

Malia a oposición paterna, contraeu matrimonio na Coruña en 1843 co coronel sevillano José Moreno Sopranís Daoiz, e fillo do Tenente de Reais Gardas Españolas e cabaleiro da Orde de Santiago José Moreno e de Manuela María Sopranis Saville, amais de curmán do heroe do levantamento do 2 de maio Luis Daoíz. O coronel Moreno era neto igualmente de José Moreno Guerrero do Consello de Castela e sobriño do Ministro Tomás Moreno Daoíz.

Pouco despois do seu casamento, José Moreno foi nomeado Xentilhome de cámara con exercicio da Raíña Isabel II de España. A II condesa de Fontao era, á súa vez, dama da Orde das Damas Nobres da Raíña María Luisa.