Sofía Castañón
(2014) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1983 (41 anos) Xixón, España |
Deputada de España | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Asturias | |
Deputada de España | |
17 de maio de 2019 – Lexislatura: XIII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias | |
Deputada de España | |
13 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
4 de xaneiro de 2016 – 3 de maio de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Asturias Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Oviedo |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | escritora, política, xornalista, directora de cinema |
Partido político | Podemos Unidas Podemos |
Movemento | Feminismo |
Sitio web | sofiacastanon.es |
Sofía Fernández Castañón, coñecida como Sofía Castañón, nada en Xixón o 1 de novembro de 1983, é unha poeta, escritora, realizadora audiovisual e política asturiana. Traballou en prensa escrita, televisión e radio e recibiu varios premios de poesía. Dende xaneiro de 2016 é deputada de Podemos por Asturias na XI e XII Lexislaturas do Congreso, é voceira da Comisión de Igualdade e da Subcomisión de Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero. O 18 de febreiro de 2017, foi elixida secretaria de Feminismos Interseccional e LGBTI da Executiva de Podemos. Dende febreiro de 2017 é membro do Consello Estatal de Podemos.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Un dos seus avós era capataz de minas e a súa familia procede da Conca del Caudal.[1] Filla da escritora asturiana Laura Castañón, medrou rodeada de libros.[2] Cursou estudos de Filoloxía Hispánica na Universidade de Oviedo[3] e compaxina a súa actividade poética pola que recibiu varios premios co seu traballo xornalístico e con talleres de escritura creativa.[4] Ten publicados varios libros de poesía en castelán e asturiano, polos que recibiu premios como o Asturias Joven en 2006, o Pablo García Baena de Poesía Joven en 2007 ou o Nené Losada Rico en 2009.
De 2009-2010 foi bolseira de creación do Concello de Madrid na Residencia de Estudantes e foi unha dos poetas Voz + Nova 2010 da Casa Acesa.
Publicacións
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]- Animales interiores (Premio Asturias Joven 2006, Trabe 2007),
- Últimas cartas a Kansas (Premio Pablo García Baena 2007, La Bella Varsovia 2008),
- La noche así (Ya lo dijo Casimiro Parker, 2012),
- La otra hija (Suburbia Ediciones, 2013)
- Prohibido silbar (Baile del Sol, 2014)
En asturiano
[editar | editar a fonte]- Tiempu de render (Premio Nené Losada 2009, Trabe 2010)
- Destruimientu del xardín (Hesperya, 2012)
Antoloxías
[editar | editar a fonte]- Hank Over/Resaca (Caballo de Troya, 2008)
- 23 Pandoras (Baile del Sol, 2009)
- Poetas asturianos para el siglo XXI (Trea, 2009)
- Por partida doble (Trabe, 2009)
- El libro del voyeur (antólogo e ilustrador: Pablo Gallo, Ediciones del Viento, 2010)
- Esto no rima (Origami, 2012)
- Gente de Nod (antóloga: Emma Cabal, fotografías: Alejandro Nafría; KRK, 2016)[5]
Plaquettes
[editar | editar a fonte]- La sombra de Peter Pan (2009)
- Culpa de Pavlov (Premio Jóvenes Creadores del Ayto. de Madrid 2008, Colección Resurrección 2012).
Documentais
[editar | editar a fonte]- Se dice poeta (2014). Directora
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La tierra para quien la cuida".
- ↑ "Las escritoras asturianas Sofía y Laura Castañón".
- ↑ "Sofía Castañón encabezará la candidatura de Podemos por Asturias al Congreso". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 28 de marzo de 2018.
- ↑ "Creatividad Literaria » Sofía Castañon: La libertad que tienes en el primer libro no la vuelves a tener nunca más.".
- ↑ Ana Lamela e Ape Rotoma: «Gente de Nod Arquivado 18 de marzo de 2018 en Wayback Machine.», El Cuaderno, 3 de abril de 2017 (consultado o 18 de marzo de 2018).
- Nados en 1983
- Nados en Xixón
- Escritores de Asturias
- Escritores en lingua asturiana
- Escritores en lingua castelá
- Políticos de Podemos
- Alumnos da Universidade de Oviedo
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (XII Lexislatura)
- Filólogos de España