Saltar ao contido

Skylab 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Skylab 2
Engalaxe da misión Skylab 2
TipoTripulada
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento25 de maio de 1973, 13:00 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSaturno IB[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, rampla 39B[2][6]
Obxectivo da misiónViaxe tripulada á estación espacial Skylab.[2][6]
Regreso22 de xuño de 1973[1]
NSSDC ID1973-032A
Masa19.979 kg[2][5][6]

Skylab 2 foi a primeira misión tripulada cara a estación espacial Skylab. Foi lanzada o 25 de maio de 1973 mediante un foguete Saturno IB desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Durante o lanzamento a estación espacial Skylab perdeu un dos escudos antimeteoritos, un dos paneis solares e os restos do estrago bloquearon o desplegue do panel solar principal restante. Unha vez en órbita a estación tivo que funcionar en base ao panel solar do telescopio Apolo e soportar altas temperaturas no seu interior debido á falta do panel antimeteoritos que puxeron en risco o seu funcionamento. Como resultado, o primeiro voo tripulado cara a estación, a misión Skylab 2, pospúxose dez días para avaliar os danos, estudar como reparalos e adestrar aos tres astronautas da misión para levar a cabo as reparacións.[2][3][4][5]

Skylab 2 consistiu nunha nave Apolo modificada e tripulada por Charles Conrad, Joseph Peter Kerwin e Paul Joseph Weitz e lanzada mediante un foguete Saturno IB. A misión engalou o 25 de maio de 1973 e atopouse coa estación unhas horas despois. A tripulación informou do estado da mesma tal como a veían mentres a nave Apolo se movía arredor para examinar os danos. A nave acoplouse á estación para planificar os seguintes movementos. A tripulación entrou na estación o día seguinte e fixo unha EVA para despregar un parasol no exterior e cubrir a zona na que faltaba o panel antimeteoritos, co que a temperatura no interior comezou a baixar. Os astronautas non conseguiron despregar o panel solar principal restante ata o 7 de xuño, deixando a estación en condicións adecuadas para traballar no seu interior e facer os experimentos e actividades planificados.[2][3][4][5]

A misión Skylab 2 finalizou o 22 de xuño de 1973 cando o módulo de mando cos tres astronautas nos seu interior amarou no océano Pacífico. Os astronautas foron recollidos polo buque USS Ticonderoga e devoltos sans e salvos a terra.[1]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 3 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SKYLAB 2" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017.
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 NASA (21 de marzo de 2017). "Skylab CSM 1" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2020. Consultado o 22 de xullo de 2017.
  3. 1 2 3 4 "Letter dated 19 September 1973 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (73-18805). 25 de setembro de 1973: 2. Consultado o 22 de xullo de 2017.
  4. 1 2 3 Claude Lafleur (2017). "Skylab 2" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 22 de xullo de 2017.
  5. 1 2 3 4 5 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Apollo 201, 202, 4 - 17 / Skylab 2, 3, 4 / ASTP (CSM)" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017.
  6. 1 2 3 Mark Wade (2017). "Skylab 2" (en inglés). Consultado o 22 de xullo de 2017.