Saltar ao contido

Skive Fjord

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Skive Fjord en 1900

Skive Fjord é un fiorde danés de aproximadamente 15 km de longo e 3 km de ancho, ó sur do Limfjorden, cunha profundidade de ata 5 metros. O norte comunica co Limfjorden mediante Hvalpsund e Risgårde Bredning. No suroeste do fiorde sitúase a vila de Skive e no seu extremo sur a vila de Karup Å. No oeste do fiorde está a península de Salling onde o escritor Jeppe Aakjær tiña a casa de Jenle preto do lugar de Astrup Vig.