Jeppe Aakjær
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (da) Jeppe Jensen aakjær miau miau 10 de setembro de 1866 Åkær, Dinamarca (en) |
Morte | 22 de abril de 1930 (63 anos) Jenle, Dinamarca (en) |
Datos persoais | |
Residencia | Jenle (en) (1907–) |
País de nacionalidade | Dinamarca |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , poeta , escritor , novelista |
Partido político | Socialdemokraterne |
Lingua | Lingua dinamarquesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Nanna Aakjær (1907–) Marie Bregendahi (1893–1899) |
Fillos | Esben Aakjær (pt) () Nanna Aakjær (pt) Svend Aakjær () Marie Bregendahi |
Jeppe Aakjær, nado en Fly Sogn (Skive) o 10 de setembro de 1866 e finado en Jenle o 22 de abril de 1930, foi un poeta e novelista danés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Autor de contos, novelas e poesías que recollen a dura vida campesiña de Xutlandia, en parte baseada na súa propia experiencia persoal como fillo de labregos. No cambio de século traballa como xornalista en Copenhaguen, onde se ve atraído polas ideas do socialismo. En 1907 volta á súa Xutlandia natal para se dedicar á súa actividade literaria e á educación dos campesiños.
Moitos compositores escandinavos do século XX utilizaron os seus poemas como letra para as súas cancións, entre os que destaca Carl Nielsen.
Obras
[editar | editar a fonte]- Bondens Sen ("O fillo do labrego"; novela, 1899)
- Vredens børn ("Os fillos da ira"; novela, 1904)
- Rugens Sange ("O canto do segador"; poesía, 1906)
- Under Aftenstjernen ("Baixo a estrela da tarde"; poesía, 1906)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Jeppe Aakjær |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Med Jylland i hjertet" [Con Xutlandia no corazón] (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2013. Consultado o 29 de xaneiro de 2005.
- "Jeppe Aakjær(1866-1930)" [Biografía, obras] (en dinamarqués). Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2012. Consultado o 29 de xaneiro de 2005.