Skank
Skank | |
---|---|
![]() | |
Na rede | |
http://skank.com.br/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Skank foi unha banda brasileira de pop rock formada en 1991 na cidade de Belo Horizonte, MG, por Samuel Rosa (voz, guitarra eléctrica e guitarra acústica), Henrique Portugal (teclados, guitarra e coros), Lelo Zaneti (baixo e coros) e Haroldo Ferretti (batería). A banda vendeu preto de 6,6 millóns de CD e DVD.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Os catro músicos xuntáronse arredor do mesmo interese: transportar o clima do dancehall xamaicano á tradición pop brasileira. En 2019, tras 28 anos de carreira, a banda anunciou o seu fin, cunha xira de despedida celebrada entre 2022 e 2023.

Ao longo da súa carreira, Skank traballou con varios artistas internacionais, como Manu Chao, Andreas Kisser (Sepultura), Uakti ou Jorge Ben Jor, e foron eloxiados por Stewart Copeland pola versión de "Wrapped Around Your Finger", incluída na homenaxe latina a The Police, "Outlandos D'America", cantando unha versión en portugués. En 2002, Haroldo Ferretti e Henrique Portugal participaron no álbum Falange Canibal, do cantante e compositor Lenine.[2]
En 2019, a banda anunciou que remataría as súas actividades, sen previsión de retorno. En 2020 debía realizarse unha xira de despedida, pero tivo que aprazarse debido á pandemia de COVID-19.[3] O 26 de marzo de 2023 celebrouse o derradeiro concerto da banda, no Estádio do Mineirão, en Belo Horizonte.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Folhapress, Estelita Hass Carazzai- (2013-03-11). "Ministério Público denuncia oito pessoas por mortes suspeitas em UTI". Hoje em Dia (en portugués). Consultado o 2023-07-25.
- ↑ Sato, Nelson. "Lenine leva sua 'falange' ao Cabaré" (en portugués). Consultado o 2019-11-07.
- ↑ Bargas, Diego (1 de março de 2022). ""Não estamos pendurando a chuteira”, diz Samuel Rosa sobre o fim do Skank". Consultado o 18 de junho de 2022.
- ↑ "Skank faz último show no Mineirão, após mais de 30 anos de carreira". G1 (en portugués). 2023-03-26. Consultado o 2023-07-25.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Skank ![]() |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]![]() |
A Galicitas posúe citas sobre: Skank |