Sistema de planificación de recursos da empresa
Os sistemas de planificación de recursos da empresa (en inglés ERP, enterprise resource planning) son sistemas de xestión da información que integran e automatizan moitas das prácticas de negocio asociadas cos aspectos operativos ou produtivos dunha empresa.
Características
[editar | editar a fonte]Os sistemas ERP son sistemas integrais de xestión para a empresa. Caracterízanse por estar compostos por módulos. Estes módulos son de diferente uso, por exemplo: nóminas, finanzas, xestión de proxectos, GIS (sistemas de xestión xeográfica), contabilidade, loxística, stock, pedidos. Cada empresa, segundo a natureza do seu negocio implanta o uso dos módulos necesarios para o desenvolvemento operativo do seu negocio.
As solucións ERP son complexas e difíciles de implantar debido a que necesitan dun desenvolvemento personalizado para cada empresa partindo da parametrización inicial da aplicación que é común. As personalizacións e desenvolvementos particulares para cada empresa requiren dun grande esforzo de tempo, diñeiro para modelar tódolos procesos de negocio da vida real na aplicación.
Actualmente existen sistemas ERP enfocados á mediana empresa. Con metodoloxías de implantación sinxelas. Axudando á produtividade deste tipo de empresas.
As metodoloxías de implantación dos ERP's na empresa non sempre son todo o simples que se desexaría, dado que entran en xogo múltiples facetas. Non existen receitas máxicas nin guións explícitos para as implantación con éxito, soamente traballo ben realizado, unha correcta metodoloxía e aspectos que deben coidarse antes e durante o proceso de implantación, e inclusive cando o sistema entra en funcionamento. Por iso, antes, durante e despois da implantación dun ERP é conveniente efectuar o seguinte:
- Definición de resultados a obter coa implantación do ERP.
- Definición do modelo de negocio.
- Definición do modelo de xestión.
- Definición da estratexia de implantación.
- Avaliación de oportunidades para software complementario ó produto ERP.
- Aliñamento da estrutura e plataformas tecnolóxicas.
- Análise do cambio organizativo.
- Entrega dunha visión completa da solución a implantar.
- Implantación do sistema.
- Controis de Calidade.
- Auditoría do contorno técnico e do contorno de desenvolvemento.
- Benchmarking da implantación.