Sistema de cámara virtual
En videoxogos 3D, un sistema de cámara virtual ten como obxectivo controlar unha cámara ou un conxunto de cámaras para amosa unha vista dun mundo virtual en 3D. Os sistemas de cámara empréganse en videoxogos onde o seu propósito é amosar a acción no mellor ángulo posíbel; de maneira máis xeral, úsanse en mundos virtuais 3D cando se require unha vista en terceira persoa.
A diferenza dunha produción cinematográfica, os creadores de sistemas de cámaras virtuais teñen que lidar cun mundo interactivo e impredecible. Non é posíbel saber onde estará o personaxe xogador nos vindeiros segundos; polo tanto, non é posíbel planificar os planos como o faría un cineasta. Para resolver este problema, o sistema baséase en certas regras ou unha intelixencia artificial para escoller as tomas máis axeitadas.
Cóntanse tres tipos principais de sistemas de cámaras. Nos sistemas de cámara fixa, a cámara non se move e o sistema amosa o personaxe do xogador nunha sucesión de fotos fixas. As cámaras de seguimento, por outro banda, seguen os movementos do personaxe. Finalmente, os sistemas de cámaras interactivas están parcialmente automatizados e permiten ó xogador mudar directamente a vista. Para poñer en funcionamento sistemas de cámara, os desenvolvedores de videoxogos empregan técnicas como programación con restriccións, guións de intelixencia artificial ou axentes autónomos.