Saltar ao contido

Singularidade tecnolóxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A singularidade tecnolóxica é unha hipótese formulada polo matemático e escritor estadounidense Vernor Vinge. Esta hipótese propón que, debido ao crecemento exponencial da tecnoloxía, nun momento determinado da historia a intelixencia artificial creada a partir dese crecemento superará o ser humano en capacidade e potencia intelectual.[1][2][3]

Características

[editar | editar a fonte]

Vinge presentou a súa hipótese orixinal no ensaio Technological Singularity,[4], presentado en marzo de 1993 ao Simposio VISION-21[5] patrocinado pola NASA e publicado no magazine Whole Earth Review no inverno dese mesmo ano. Vinge comeza a explicar a singularidade mediante unha analoxía coa natureza. Expón que os animais poden adaptarse e desenvolver solucións aos seus problemas, pero normalmente a selección natural é máis rápida ca eles. Os seres humanos, especificamente, mediante o razoamento somos capaces de construír solucións aos problemas de maneira moito máis rápida, de feito, a velocidade dos avances tecnolóxicos (non olvidemos que tecnoloxía non significa excusivamente electrónica) durante toda a historia é exponencial, cantos máis inventos facemos, máis portas se abren cara ao futuro. Vinge introduce a capacidade de resolución de problemas do ser humano actual nun nivel completamente diferente ao da historia anterior e ao dos animais non racionais. Neste nivel, os seres humanos creamos á vez medios (máquinas) que aceleran incluso máis o progreso, rompendo así as regras das que (de igual maneira que todos os animais dependen da selección natural) dependiamos ata o momento.

Esta ruptura co control do proceso de crecemento intelectual que coñecemos actualmente é ao que lle chama Vinge "singularidade tecnolóxica". O modelo anterior quedaria obsoleto e serían necesarias novas regras, ata un punto no que os seres humanos e os seus problemas (así como a súa capacidade para resolvelos) sería absolutamente insignificante.

Predicións

[editar | editar a fonte]

Vinge di no seu ensaio que ata que teñamos un hardware tan poderoso como o cerebro humano é obvio que non seremos capaces de crear intelixencia artificial co mesmo ou con máis capacidade que a humana.

Pero a medida que isto se fose facendo posible, os síntomas da singularidade tecnolóxica faríanse máis evidentes.

Por exemplo, as máquinas acadarían cada vez empregos máis altos e de máis importancia. Isto dedúceo do feito de que actualmente temos máquinas dedicadas a tarefas pesadas e automatizables como as matemáticas. Así que os empregos realmente produtivos son os que pertencen a unha elite humana.

Outro dos síntomas que Vinge predí é a difusión cada vez máis veloz das ideas, de maneira que incluso as ideas máis radicales pronto serían comúns.

Finalmente, a aparición da propia singularidade ocorrería, segundo Vinge, máis rápido que calquera outra revolución tecnolóxica anterior, de maneira inesperada. Semellaría que as nosas propias invencións tecnolóxicas espertasen. Estariamos entón, di, na era Poshumana.

Pódese evitar?

[editar | editar a fonte]

Vinge, na corrección do seu propio ensaio, admite que o máis probable é que non se dea a singularidade, dado que aínda que acadásemos o hardware que a permitiría, é difícil que as máquinas adquiran a capacidade biolóxica de ensinar ou de reproducirse.

Pero tamén admite que, se esa posibilidade existe, entón a singularidade será real. Incluso se os gobernos do mundo entenden o perigo, a competición económica, militar e incluso artística impediría que a parasen mediante a lei.

Así que, de maneira técnica, Vinge cre posible limitar a singularidade creando regras para as entidades superhumanas, e pon como exemplo as Leis da Robótica de Asimov. É dicir, aínda que non tivésemos opción de evitar directamente a singularidade, como creadores temos a oportunidade de establecer as condicións iniciais.

Outras maneiras de acadar a singularidade tecnolóxica

[editar | editar a fonte]

A maioría da xente pensa que a única maneira de chegar a crear seres intelixentes suprahumanos é mediante os proxectos de Intelixencia Artificial, Vinge indica que hai outras opcións. Os programas de ordenador parecen moito máis comúns e menos perigosos, pero aínda así poderían conducirnos cara á singularidade.

Vinge pon exemplos deses programas, entre os que están os seguintes:

  • Programas de automatización de equipos de humanos e ordenadores: Introducir a intuición humana no hardware para facilitar que as máquinas resolvan problemas.
  • Simbiose de humanos e ordenadores en arte: Combinar a capacidade gráfica das máquinas modernas coa sensibilidade dos seres humanos. Vinge pon como exemplo o traballo de Karl Sims.
  • Equipos de humanos e ordenadores en torneos de xadrez: Combinar a capacidade das máquinas coa dos seres humanos no xogo en vez de limitarse a contrapoñelas.
  • Interfaces que permitan conexión á rede sen que o humano precise de estar fronte a un dispositivo.

Antecesores

[editar | editar a fonte]

John von Neumann, como Vinge menciona no seu ensaio, utilizou a palabra "singularidade", aínda que para referirse á velocidade do progreso humano en xeral, non á intelixencia artificial como fai Vinge[6].[7]

One conversation centered on the ever-accelerating progress of technology and changes in the mode of human life, which gives the appearance of approaching some essential singularity in the history of the race beyond which human affairs, as we know them, could not continue.
Unha conversa centrada no acelerado progreso da tecnoloxía e os cambios na forma de vida humana, que dá o aspecto de estarse a aproximar a unha singularidade esencial na historia da raza a partir da cal os labores humanos, tal e como os coñecemos, non poderían continuar.

I. J. Good tamén explicou na década de 1960 o concepto que Vinge bautiza como singularidade tecnolóxica, a superación intelectual cada vez maior que serían capaces de desenvolver as máquinas creadas ao convertérense á súa vez en creadoras.[8]

Let an ultraintelligent machine be defined as a machine that can far surpass all the intellectual activities of any man however clever. Since the design of machines is one of these intellectual activities, an ultraintelligent machine could design even better machines; there would then unquestionably be an intelligence explosion, and the intelligence of man would be left far behind. Thus the first ultraintelligent machine is the last invention that man need ever make, provided that the machine is docile enough to tell us how to keep it under control... It is more probable than not that, within the 20th century, an ultraintelligent machine will be built ant that it will be the las invention that man need make.
Definimos unha máquina ultraintelixente como unha máquina que pode sobrepasar todas as actividades intelectuais de calquera humano sen importar a súa intelixencia. Dado que o deseño de máquinas é unha desas actividades intelectuais, unha máquina ultraintelixente podería deseñar máquinas incluso mellores; habería enton, incuestionablemente, unha explosión de intelixencia, e a intelixencia dun ser humano quedaría moi por detrás. Así pois, a primeira máquina ultraintelixente é a última invención que o ser humano necesita facer, se supoñemos que a máquina é o suficientemente dócil como para dicirnos como mantela baixo control... É moi probable que, no século XX, unha máquina ultraintelixente sexa construída e se converta na última invención que o ser humano necesitará facer.

A diferenza que Vinge atopa na súa hipótese respecto da de Good é que este último dá por suposto que o alcance da singularidade será útil para a humanidade, mentres que Vinge ten unha visión máis apocalíptica, de maneira similar ás correntes de ciencia ficción de finais do século XX e inicios do XXI, no que o futuro está controlado en moitos casos por entes suprahumanos.[4]

  1. Pedraja, Gonzalo de la. "Bienvenidos a la era de la singularidad tecnológica". ctxt.es | Contexto y Acción. Consultado o 2016-11-08. 
  2. "Singularidad tecnológica: qué supone y cómo nos afecta". Hipertextual (en castelán). 2016-05-08. Consultado o 2016-11-08. 
  3. "Qué es la singularidad tecnológica". Blogthinkbig.com (en castelán). 2014-10-21. Consultado o 2016-11-08. 
  4. 4,0 4,1 Technological Singularity
  5. "Copia arquivada" (PDF). Archived from the original on 24 de outubro de 2016. Consultado o 08 de novembro de 2016. 
  6. Ulam, Stanislaw (Maio 1958). "Tribute to John von Neumann". Bulletin of the American Mathematical Society. vol. 64 (No. 3): páxinas 1–49. 
  7. "The Best Definition of Singularity". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2019. Consultado o 2016-11-08. 
  8. "Speculations Concerning the First Ultraintelligent Machine*". 2001-05-27. Archived from the original on 27 de maio de 2001. Consultado o 2016-11-08.