Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ir ao índice do Curso de lingua galega. Tamén pode consultar a Normativa oficial do galego.
O plural en galego fórmase utilizando as seguintes regras:
- Cando unha palabra remata en -n, hai que engadir un -s
| singular | plural |
| can | cans |
| pantalón | pantalóns |
| son | sons |
- Cando unha palabra remata en -l, ten máis dunha sílaba e se pronuncia cargando a voz ao final (aguda), hai que suprimir o -l e engadir -is
| singular | plural |
| animal | animais |
| papel | papeis |
| candil | candís |
| farol | farois |
| xornal | xornais |
Pero, cando unha palabra non é aguda, o plural faise engadindo -es
| singular | plural |
| dócil | dóciles |
| difícil | difíciles |
- Cando unha palabra remata en vogal acentuada ou en ditongo, hai que engadir -s
| singular | plural |
| avó | avós |
| lei | leis |
| rei | reis |
- Para o resto das palabras, se remata en vogal engadimos -s, e se remata en consoante engádese -es:
| singular | plural |
| neno | nenos |
| fácil | fáciles |
| muller | mulleres |
| tío | tíos |
| flor | flores |
| mal | males |
| cor | cores |