Sinal Wow!

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Sinal Wow!
Perfil do sinal Wow!

O sinal Wow! é o nome polo que se coñece o sinal de radiofrecuencia detectado por Jerry R. Ehman o 15 de agosto de 1977, mentres estaba a traballar no proxecto SETI no radiotelescopio do Radio Observatorio da Universidade do Estado de Ohio, daquela localizado no observatorio Perkins da Universidade Wesleyana de Ohio.[1]

O sinal tiña as marcas que indicaban a súa orixe non terrestre e de fóra do Sistema Solar. Durou polo menos os 72 segundos que o Big Ear foi quen de captalo, mais non volveu ser detectado de novo. Dende aquela, o sinal foi suxeito de atención dos medios.

O sinal coñécese como Wow por mor da anotación que Jerry Ehman fixo no papel no que escribiu a secuencia, denotando o seu abraio e emoción. A súa secuencia foi: 6EQUJ5.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Krulwich, Robert. "Aliens Found In Ohio? The 'Wow!' Signal". Consultado o 15 de agosto de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]