Sikorsky R-6

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sikorsky R-6
Tipohelicóptero
FabricanteSikorsky Aircraft
Primeiro voo15 de outubro de 1943
Introducido1945
Principais usuariosArmada dos Estados Unidos
Royal Air Force
Unidades construídas225

O Sikorsky R-6 é un helicóptero lixeiro bipraza estadounidense dos anos 40. No servizo coa Royal Air Force e Royal Navy foi chamado Hoverfly II.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O R-6/Hoverfly II desenvolveuse para mellorar o exitoso Sikorsky R-4. Co fin de mellorar o rendemento deseñouse unha fuselaxe aerodinámica completamente nova e a cola do rotor de traseiro alongouse e enderezouse. Mantívose o rotor principal e o sistema de transmisión do R-4.[1] Sikorsky asignou a designación Model 49 ao novo deseño. Posteriormente Doman Helicopters Inc realizou modificacións de equilibrio dinámico no rotos. O novo helicóptero podía acadar os 160 km/h en comparación cos 132 km/hdo anterior deseño.

A produción inicial foi realizada por Sikorsky, pero a meirande parte das unidades foron fabricadas por Nash-Kelvinator. Algúns dos últimos exemplares estaban equipados con motores máis potentes.

Historial operacional[editar | editar a fonte]

Os primeiros R-6 foron entregados ás Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF) a finais de 1944 e algúns transferíronse á Armada (USN). Inicialmente pretendíase pasar 150 R-6 á Royal Air Force (RAF), pero os atrasos causados por cambiar a produción da fábrica de Sikorsky en Stratford, Connecticut á de Nash-Kelvinator en Detroit, Míchigan significaron que só only 27 R-6A fosen realmente entregados á RAF como o Hoverfly II.[2] 15 deles operaron coa Fleet Air Arm (FAA) da Royal Navy.[3]

Algúns dos exemplares da RAF foron asignados ao 657 Squadron RAF para probar o uso de helicópteros no rol de cooperación co Exército, e podíanselle instalar dúas padiolas no exterior da fuselaxe. O 657 Squadron operou os seus Hoverfly II como postos de observación aérea, observando para unidades de artillaría do Exército. Os Hoverfly II estiveron operativos ata abril de 1951, e un exemplar so escuadrón mostrouse no Farnborough Air Show de setembro de 1950.[4]

A FAA usou os seus Hoverfly II nos roles de adestramento e ligazón. Entre as unidades navais que usaron o tipo inclúense o 771 Squadron dende decembro de 1945, seguido polo 705 Squadron.

A USAAF operou os seus R-6 en roles secundarios e os superviventes foron redesignados H-6A en 1948. Os exempares da Armada disignáronse HOS-1 e 64 máis ían transferirse da USAAF, aínda que finalmente isto non pasou.

Houbo vendas de excedentes militares de S-49 no mercado civil a finais dos anos 40, pero ningún deles está operativo. Existen catro exemplares expostos en museos [5]estadounidenses.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Swanborough, 1963, p.529
  2. Butler, 2004, p.278
  3. Thetford, 1977, p.422
  4. Thetford, 1976, p.603
  5. Ogden, 2007, p.602

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Butler, Phil (2004). Air Arsenal North America. Midland Publishing. ISBN 1-85780-163-6. 
  • Ogden, Bob (2007). Aviation Museums and Collections of North America. Air-Britain (Historians) Ltd. ISBN 978-0-85130-385-7. 
  • Swanborough, F.G. (1963). United States Military Aircraft since 1909. Putnam & Company Ltd. 
  • Thetford, Owen (1976). Aircraft of the Royal Air Force since 1918. Putnam & Company Ltd. ISBN 0-370-10056-5. 
  • Thetford, Owen (1977). British Naval Aircraft since 1912. Putnam & Company Ltd. ISBN 0-370-30021-1.