Signo de Phalen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sección transversal a través do pulso e dedos. O nervio mediano é o punto amarelo cerca do centro. Non se indica o túnel carpiano, pero pódese observar a estrutura circular que rodea ao nervio.

O signo de Phalen é unha proba clínica, diagnóstica da síndrome do túnel carpiano, descuberta polo ortopedista estadounidense George S. Phalen.[1]

Técnica[editar | editar a fonte]

Solicítase ao paciente que realice unha flexión forzada do pulso afecto durante aproximadamente 60 segundos. A medida que o pulso se flexiona, o flexor común profundo dos dedos contráese en dirección proximal, arrastrando os lumbricais consigo. Nalgúns individuos, os lumbricais poden ser "arrastrados" cara ao túnel carpiano, aumentando así a presión no devandito nivel debido ao efecto masa provocado. Así, a manobra de Phalen pode provocar un pinzamiento* do nervio mediano entre o bordo do ligamento transverso do carpo e o bordo distal do radio. Ao comprimi-lo nervio, provócanse os síntomas característicos do túnel carpiano (como sensación de ardor, formigueo ou adormecemento dos dedos polgar, índice e anular). A provocación de devanditos síntomas mediante esta manobra é moi suxestiva de que o doente padeza unha síndrome do túnel carpiano.[2]

Que o Phalen sexa negativo non descarta o diagnóstico, xa que non en tódolos individuos afectados se producirá o efecto masa descrito.

Fiabilidade[editar | editar a fonte]

En estudos de fiabilidade diagnóstica, a sensibilidade do signo de Phalen varía entre un 51 e un 91%, mentres que a súa especificidade varía entre un 33 e un 88%.

Phalen inverso[editar | editar a fonte]

A manobra de Phalen inversa realízase solicitándolle ao doente unha extensión forzada dos pulsos, habitualmente xuntando as palmas en "actitude orante". É positiva cando os síntomas descritos previamente aparecen no primeiros trinta segundos do test.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Sawaya RA, Sakr C (abril de 2009). "When is the Phalen's test of diagnostic value: an electrophysiologic analysis?" 26 (2): 132–3. PMID 19279501. doi:10.1097/WNP.0b013e31819d8046. 
  2. Urbano, F. (2000). Tinel's sign and Phalen's maneuver: Physical signs of carpal tunnel syndrome. Hospital Physician, Jul, 39-44. (Retrieved 19:15:10 UTC Monday, December 15, 2008 Arquivado 20 de setembro de 2018 en Wayback Machine.
  3. Werner R, Bir C, Armstrong T (1994). "Reverse Phalen's maneuver as an aid in diagnosing carpal tunnel syndrome" 75 (7): 783–6. PMID 8024425. doi:10.1016/0003-9993(94)90010-8.